Conversa usuario:Albunquerque
Benvido(a) á Galipedia, Albunquerque!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Alberte Si, dígame? 22:18, 27 xaneiro 2010 (UTC)
Desfixen as túas edicións no artigo Cristina Pato porque eliminaches tódala información que había antes, para substituíla pola tradución que fixeches. Para colaborar no artigo podes aumenta-la información engadindo novos datos, imaxes, pero non borrando todo o que había. Ademais tes que ter en conta que na Galipedia non calcamos o sistema de categorías da wikipedia hispanofalante (non empregamos por exemplo o Nacidos en tal ano). Ademais cando se traduce dende outra wikipedia hai que indicalo na caixa de resumo (Axuda:Resumo de edición#Resumos de edición nas traducións doutras Wikipedias), para cumplir coa licenza. Un saúdo, e ánimo, que ó principio todos erramos. --Alberte Si, dígame? 22:18, 27 xaneiro 2010 (UTC)