Conversa usuario:88.6.139.79

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, 88.6.139.79

Ola, 88.6.139.79. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: "Crear unha conta", ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para poñernos en contacto contigo.

Unha vez feito o rexistro, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outra persoa da Galipedia seguindo o procedemento expresado en: Como contactar con outras persoas.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18 de abril de 2020 ás 09:24 (UTC)[responder]

Ola, Cándido. Coloqueiche ese marcador de Benvida aquí arriba para que o uses como guieiro se nalgún momento decides rexistrarte como usuario (agora mesmo estás a editar dende unha ip anónima; o rexistro como usuario implica, entre outras vantaxes, un mellor seguimento por parte da comunidade). Agradézoche moito as palabras amables. Xa me soaba o nome, e a pouco que lin na túa entrada onte, xa me dei de conta de quen es. Alédome de verte por aquí. Como ben sinalas, a Wikipedia é unha ferramenta de normalización excepcional. A edición, ao principio, pode resultar un pouco arrevesada, pero axiña que aprendas o básico verás que non é para tanto e que ofrece mil posibilidades, e que para unha persoa con curiosidade intelectual é un auténtico xoguete; amais de que sempre hai outros editores e editoras dispostos a botarmos unha man no que precises. A media de usuarios activos (isto é, cun mínimo de edicións regulares cada mes) está en algo máis de 125 persoas, de modo que axuda non che ha faltar. Á hora de responderme, fixéchelo case perfecto: tan só faltou que no canto de na parte superior da miña páxina de conversa, o novo texto fose ao final. Velaquí o cambio. Polo demais, un dez. Aproveito para mandarche moitos saúdos dos meus pais, que aínda falei con eles polo teléfono agora pola mañá. Saúde e a coidarse. --Atobar (conversa comigo) 18 de abril de 2020 ás 09:24 (UTC)[responder]