Conversa usuario:85.56.200.39

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 85.56.200.39 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Alberte Si, dígame? 23:52, 25 marzo 2010 (UTC)

Desfixen novamente a información que engadiches. As razóns dinas aquí Conversa:Confederación Intersindical Galega: maerial con dereitos de autor e non se pode empregar para facer un artigo dunha organización a única fonte da propia organización (punto de vista neutral). A páxina web pódese empregar para actualiza-los datos que temos no artigo e xa non sexan correctos, pero non se pode borra-lo artigo e cambialo pola web da CIG. Agardo o comprendas, e sigas a traballar na mellora dese e outros artigos. Un saúdo, e paraa calquera cousa aquí estou. --Alberte Si, dígame? 23:52, 25 marzo 2010 (UTC)

Non vandalices[editar a fonte]

Ola, IP 85.56.200.39. Acabo de reverter unha vandalización que fixeches no artigo sobre CCOO de Galiza. Ademais, vexo que as túas colaboracións na wiki se limitaron só ao sindicato CIG... en fin, cada quen que tire as conclusións que quixer sobre as túas motivacións pero, sexa como for, as vandalizacións son algo moi feo. --Rosamf 12:06, 9 de abril de 2010 (UTC)