Conversa usuario:81.36.114.23

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benvido(a) 81.36.114.23 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 11:46, 15 setembro 2006 (UTC)

Arantón, Santa Comba[editar a fonte]

Moi interesante e moi ben elaborado o dos cruceiros. Mágoa de que non o artigo non estea acompañado por algunha foto. Se estás próximo a esa zona e tes cámara, agradeceríache que subises algunha. Se non sabes o xeito de facelo, pregúntame (na columna da esquerda verás unha ligazón que pon cargar un ficheiro).

En xeral non valen fotos de páxinas web, temos que borralas a non ser que se indique expresamente que se permiten as obras derivadas e o uso comercial, non abonda con que poñan que están no dominio libre ou que non poñan nada.

Se sobes unha foto feita por ti, é necesario que indiques expresamente que é feita por ti e que lle coloques unha licenza. A licenza podes escollelas de entre as presentes en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Non dubides en pórte cando o desexes en contacto comigo preferiblemente rexistrado, os números non os dou lembrado). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 11:46, 15 setembro 2006 (UTC)

  • Outra cousa. Por favor, non borres as secuencias {{Santa Comba}} e [[Category:Santa Comba]]. Escribe antes delas e procura non borralas. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 11:48, 15 setembro 2006 (UTC)
  • Rógoche de novo que non borres as secuencias {{Santa Comba}} e [[Category:Santa Comba]]. Escribe antes delas e procura non borralas.


A secuencia [[Category:Santa Comba]] incorpora o artigo á categoría Category:Santa Comba.

A secuencia {{Santa Comba}} incorpora esta táboa:

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Santa Comba

Alón (Santa María) | Arantón (San Vicente) | Bazar (San Mamede) | Cícere (San Pedro) | Fontecada (San Martiño) | Freixeiro (San Fins) | Grixoa (San Xoán) | Grixoa de Esternande (Santa María) | Mallón (San Cristovo) | Montouto (Santa María) | A Pereira (Santo André) | San Salvador de Padreiro (San Salvador) | Santa Comba (San Pedro) | Santa Sabiña (San Xulián) | Ser (San Pedro) | Vilamaior (Santa María) | Xallas de Castriz (San Pedro)

. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 14:04, 15 setembro 2006 (UTC)