Cícere, Santa Comba
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cícere.
| Cícere | |
|---|---|
Pazo de Cícere San Pedro de Cícere. | |
| Concello | Santa Comba[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 43°02′47″N 8°52′31″O / 43.0464, -8.8754 |
| Poboación | 386 hab. (2019) |
| Entidades de poboación | 9[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Pedro de Cícere[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Santa Comba. Segundo o IGE en 2013 tiña 428 habitantes (224 mulleres e 204 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 529 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Nesta parroquia atopouse unha inscrición galaicorromana, na que o avó se chamaba Cadrolioco (indíxena prreromano), o fillo Coelo (indíxena romanizado), e o neto Caesarus (nome romano).[Cómpre referencia]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Cícere
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Cícere no concello de Santa Comba (A Coruña) | |
|---|---|
|
Buxán | Cícere | Espasandín | Mallón | O Mato | A Pardiñeira | Rebordelos | Rubín | O Vilariño |