Saltar ao contido

Conversa usuario:79.153.45.26

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, 79.153.45.26

Ola, 79.153.45.26. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: "Crear unha conta", ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para poñernos en contacto contigo.

Unha vez feito o rexistro, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outra persoa da Galipedia seguindo o procedemento expresado en: Como contactar con outras persoas.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12 de xaneiro de 2020 ás 09:43 (UTC)[responder]

Petición de referencias

[editar a fonte]

Ola, ip. Para a denominación Séculos Escuros, ten centos de referencias. Na propia bibliografía da entrada figuran obras que os citan por ese nome: Historia da literatura dos Séculos Escuros e do Prerrexurdimento. Así como calquera libro de Historia e/ou Literatura de Galicia. Entendo que o que ti pides é saber a quen se lle atribúe a primeira mención a ese nome, pero iso non é o mesmo que pedir unha referencia para o nome, finalidade do marcador que empregaches. A túa petición é pois de máis información concreta, pero non de validación dun nome. Por iso revertín a edición. Se tes calquera dúbida, non temas en preguntar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12 de xaneiro de 2020 ás 09:43 (UTC)[responder]