Conversa usuario:213.96.228.170

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 213.96.228.170 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Xas (conversa) 4 de febreiro de 2014 ás 16:06 (UTC)[responder]

Asinar nas conversas[editar a fonte]

É moi importante asinar os comentarios nas conversas para poder saber quen fai o comentario e en que momento, xa que así poden responderse as cuestións de forma máis ordenada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de febreiro de 2014 ás 18:13 (UTC)[responder]

Rebordelos[editar a fonte]

Quitei de novo os textos que penso que non son relevantes enciclopédicamente, pídolle que non os volva a incluír ata que a cuestión quede aclarada. Podemos debatir o tema na páxina de conversa do artigo e recoméndolle que antes revise Wikipedia:Criterios de notoriedade, Wikipedia:Relevancia enciclopédica e Wikipedia:Verificabilidade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2014 ás 01:32 (UTC)[responder]

Elisardo, os datos sobre eses dous persoeiros, levaban publicados en Wikipedia máis dun ano. Non entendo por que os borras agora. Precisas que che envíe información acreditativa sobre os mesmos? Responde porfa.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 88.25.183.235 (conversacontribucións) 23 de febreiro de 2014 ás 12:43

Boas, non mirei canto tempo levaban publicados os datos. Iso non é importante, a Galipedia é unha enciclopedia e debe conter información relevante enciclopedicamente, espero que revisara as páxinas que lle indiquei antes. Para debater este tema o mellor é tratalo na páxina de conversa do artigo para que quede alí reflectido por se fose necesaria no futuro.
Por outra banda se quere deixarme algunha mensaxe ten que deixar un comentario na miña páxina de conversa, desa forma o sistema avisarame automaticamente. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de febreiro de 2014 ás 00:15 (UTC)[responder]
Tiven que reverter de novo esta información, se continúa sen aclarar o tema na conversa do artigo e persiste nas súas edicións terei que pedir ós bibliotecarios que revisen esta actuación que non me parece axeitada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de abril de 2014 ás 16:59 (UTC)[responder]