Conversa usuario:213.60.130.57

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 213.60.130.57 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. Banjo tell me 3 de agosto de 2015 ás 09:38 (UTC)[responder]

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa[editar a fonte]

Ola 213.60.130.57. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 3 de agosto de 2015 ás 09:38 (UTC)[responder]

Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]

Ola, 213.60.130.57. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a bibliografía ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 3 de agosto de 2015 ás 09:38 (UTC)[responder]

"Os artigos deben basearse en fontes fiables, de terceiros e publicadas, cunha reputación para a comprobación dos feitos e a exactitude. As fontes deben ser materiais publicados (que estean dispoñibles para o público dalgún xeito); os materiais non publicados non se consideran fiables. As fontes deben apoiar directamente as afirmacións presentadas no artigo e deben ser apropiadas segundo o que se expoña. A idoneidade das fontes depende do contexto. En xeral, as mellores fontes contan cunha estrutura que permite comprobar ou analizar os feitos, os problemas legais, as probas e os argumentos. Os contidos relacionados con persoas vivas e coa medicina deben estar referenciados con especial coidado."

"En ningún caso se pode botar man de fontes publicadas por un mesmo como fontes de terceiros sobre persoas vivas, mesmo se o autor é experto, investigador profesional recoñecido ou escritor."

O cambio feito nese artigo non está referenciado, polo que non é verificable e mantense o estado anterior do artigo. Ademáis o artigo quedou protexido por Wikipedia:Guerra de edicións. Se podes achegar unha fonte de información que valide o cambio podes indicala na páxina de conversa do artigo e procederase a facer o cambio. Saúdos Banjo tell me 3 de agosto de 2015 ás 09:38 (UTC)[responder]