Conversa usuario:212.170.32.249

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola, son Rafael Ojea, un dos editores do Blog oficial da Escola "Biblioteca da EMAO", cuxo artigo conmemorativo do 130 aniversario se copiou aquí e ampliou como síntese máis acaída cá existente. Especialmente no referido ao Plan de Estudos, a versión actual contén erros sobre o currículo. xa que na Escola non existen estudos regrados de FP. De novo recompoño o artigo, citando referencias como é debido, e ampliando ou completando algúns aspectos. Saúdos

Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]

Ola, 212.170.32.249. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a bibliografía ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 1 de abril de 2015 ás 21:00 (UTC)[responder]

Permíteme que insista. --. HombreDHojalata.conversa 14 de marzo de 2016 ás 23:08 (UTC)[responder]

Posible violación de dereitos de autoría en Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo[editar a fonte]

Ola, 212.170.32.249, grazas por colaborar con Wikipedia. Dámosche a benvida ao proxecto; con todo, hai un problema coas túas colaboracións no artigo Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, que consistiron na copia literal do contido doutras páxinas web, ou doutros medios que poderían estar protexidos por dereitos de autor. Como se explica en Wikipedia:Dereitos de autoría, esta clase de achegas non son aceptables, porque poden implicar unha violación dos dereitos dos autores do mesmo. Por esa razón, o texto foi retirado ou colocouse un aviso de posible violación de dereitos de autor.

Debes saber que, de acordo á Convención de Berna, que regula a propiedade intelectual a nivel internacional, todas as obras están protexidas e os seus autores resérvanse todos os dereitos de reprodución, salvo que o contrario se especifique clara e explicitamente. Aínda si a páxina da que copiaches o texto non indica que tódolos dereitos están reservados, iso non quere dicir que estean dispoñibles para o seu uso en Wikipedia.

Para poder admitir material en Wikipedia precísase que a licenza baixo a que se publican devanditas páxinas sexa compatible coa licenza baixo a que publica Wikipedia (Creative Commons Atribución-Compartir igual 3.0). Esta licenza permite o uso comercial dos contidos reempregados, a condición de que os usos que se lles dean sexan de acordo aos termos de uso da licenza.

Lembra que a política sobre os dereitos de autor é innegociable; aínda que outras persoas poden estar dispostas a violar a lei, a responsabilidade do proxecto Wikipedia é demasiado grande para permitírnolo. Para máis información sobre as normas, visita Wikipedia:Políticas e normas. Banjo tell me 11 de abril de 2017 ás 11:33 (UTC)[responder]