Conversa usuario:188.81.156.141

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, 188.81.156.141

Ola, 188.81.156.141. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: "Crear unha conta", ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para poñernos en contacto contigo.

Unha vez feito o rexistro, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outra persoa da Galipedia seguindo o procedemento expresado en: Como contactar con outras persoas.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola 188.81.156.141.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!

--Estevo(aei)fálame aquí 30 de xullo de 2019 ás 20:46 (UTC)[responder]

Posible conflito de intereses[editar a fonte]

Ola 188.81.156.141. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses.

Grazas, un saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 1 de agosto de 2019 ás 21:11 (UTC)[responder]

Grazas. Podo asegurarche que hai exención total e ningún conflito de intereses. Parabéns polo teu traballo e saúdos.--2001:8A0:F91A:8701:D156:486A:AB08:5A61 2 de agosto de 2019 ás 19:20 (UTC)[responder]