Conversa usuaria:Susana Freixeiro~glwiki

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvida á Galipedia, Susana Freixeiro!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Alberte Si, dígame? 13:40, 28 agosto 2009 (UTC)

Imaxes e comentario[editar a fonte]

Boas noites, Susana. Sinto que o meu comentario te causara tan mala impresión pero era o que pensaba daquela, despois de ve-las túas imaxes. Agora, tras le-la túa explicación a Pontevedra78, enténdoo mellor e vexo que ti tamén o entendes. Xa sabes, supoño, que con iso das imaxes hai que ter moito tino (tamén cos textos, pero iso non nos afecta agora): as imaxes que se suben á Galipedia ou a Commons deben ter unha licencia determinada que garante a súa orixe. Si, un verdadeiro lío iso das licencias, pero éche o que hai. Non teño claro cando, a base de coller elementos de aquí e acolá, a imaxe resultante convértese en "traballo propio", pero concordarás en que debuxar unha bandeira e pegarlle por riba un escudo -sexa da Deputación ou de onde sexa- non é "traballo propio". Supoño que xa lerías os comentarios que xurdiron a raíz dos escudos: oficiais, non oficiais, correctos ou incorrectos, e que estaremos de acordo en que a Galipedia non pode dar unha imaxe como "escudo de xxx" cando non se corresponde coa descrición oficial publicada no DOG. Nunca pensei que a túa intención fose "pisotear, consciente e maliciosamente, os dereitos das imaxes e dos usuarios": de ser así, teríate proposta para bloqueo; pero si que as túas imaxes non respectaban tales dereitos. Ben, tampouco é maior problema e todos aprendemos a base de erros. Sigamos adiante, que a Galipedia precisa do traballo de todos, e corrixamos todo o que sexa necesario corrixir. Repito: sinto a mala impresión causada e espero que no futuro predomine o buen rollo. Grazas e ata sempre. Pedro --Lameiro (conversa) 20:12, 28 agosto 2009 (UTC)

Benvida/o á Galipedia Susana. Grazas por colaborares connosco. Non dubides en contactar comigo para calquera cousa que desexes: estou á túa disposición. Un cordial saúdo -- Lmbuga / Conversa comigo  21:24, 28 agosto 2009 (UTC)

Borrar imaxes incorrectas[editar a fonte]

Susana, outra cousa. Na mensaxe que escribiches a Pontevedra78 dislle que queres que se borren en Commons esas imaxes que creaches (as que comentas na mensaxe e as que citas nesa lista). Esa solicitude debes facela ti mesma a un administrador de Commons, para que ese administrador proceda a borralas. Pontevedra78 non está capacitado para facelo (nin borrar nin solicitar que se borren), eu tampouco. Pide que se borren e estate atenta a se se fai ou non. Grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 22:42, 28 agosto 2009 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario[editar a fonte]

18 de marzo de 2015 ás 01:45 (UTC)

Renomeado[editar a fonte]

19 de abril de 2015 ás 07:39 (UTC)

Imaxe usada no seguinte libro: A parroquia de Galicia (p. 408 biblio/392 PDF)

Dúbidas sobre a toponima do mapa das Illas Cíes[editar a fonte]

Ola Susana. Estou facendo un traballo sobre os arquipélagos das Illas Atlánticas de Galicia, achei o teu mapa das Illas Cíes moi interesante e completo. Teño un par de dúbidas sobre a toponimia: O topónimo correcto do Suroeste da Illa de San Martiño é Concela ou Concenla? o vin noutras fontes escrito Concela..

Tamén me gustaría saber se a zona de Concenla é a que se atopa cara ao leste ou ao oeste da punta do Cabaliño, xa que ao oeste pon "Concenla" e ao leste "Costa de Concenla".. e noutros mapas atopei "Concela" como nome da baía ao leste da devandita punta.

Outra dúbida que teño é sobre o topónimo Carnacido (Surleste da Illa do medio "Punta de Carnacido"). Noutros mapas, incluidos os do Centro de Visitantes do Parque, achei escrito "Carracido", pero dáme a impresión de que as túas fontes son mellores.

Finalmente, quería saber por que pós unha til nos termos "cón / cóns" e "Bólos" (Area dos Bólos). Semella que puxeches un especial coidado nestes detalles, e gustaríame coñecer a razón.


Un saúdo e moitas grazas polo teu traballo!

Pablo Pablo Culebras (conversa) 12 de xullo de 2023 ás 21:00 (UTC)[responder]