Conversa modelo:Gallegos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ligazón incorrecta[editar a fonte]

Estevoaei, a ligazón que aparece no modelo non é correcta, penso que debería ligar ó libro que sirve de cita, non a unha listaxe interna da Galipedia. Se o artigo do libro aínda non existe non pasa nada, cando se cree xa quedará a ligazón azul. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de marzo de 2018 ás 01:28 (UTC)[responder]

HombreDHojalata, non entendo por que desfixeches a miña edición, tal e como está agora o modelo, cando se engade nas referencias dos artigos, a ligazón leva a unha páxina que non é a que se espera. Penso que nalgún momento crearase o artigo do libro, igual que hai moitos outros xa creados, polo que non hai problema en que a ligazón estea en vermello... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de marzo de 2018 ás 09:54 (UTC)[responder]

Verás. Cos recursos que temos agora mesmo, poderiamos facer este modelo de moitas variantes. Paso a poñer algunhas das posibles:

  1. Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4. 
  3. Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4. 
  4. Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4. 
Dos exemplos que puxen, o primeiro é o máis "aséptico".
O segundo ten un pequeno "valor engadido". Dá información gráfica (mediante ligazón externa) sobre o aspecto que ten o libro, algo que, a min persoalmente, e penso que moitos lectores, pode resultar de moita utilidade.
A terceira opción liga a unha información, coido, moi valiosa. Informa de cal é o contido dese libro.
A cuarta opción inclúe unha ligazón interna vermella a un artigo que ni está ni se le espera. O libro en cuestión non ten interese enciclopédico para ter artigo de seu, penso.

O modelo en cuestión xa vai en centos de artigos e previsiblemente podería chegar a estar incluído en milleiros deles (o libro ten máis de catro mil entradas).

Penso que non ven ao caso mudar, en centos ou milleiros de casos, unha ligazón azul a unha información procedente e moi útil por unha ligazón vermella a unha quimera. --. HombreDHojalata.conversa 28 de marzo de 2018 ás 13:58 (UTC)[responder]

Obviamente discordo, un libro que é fonte de centos ou miles de artigos precisa ter artigo, xa hai bastantes artigos de libros e seguro que varios deles teñen menos interese que este. Tampouco me gusta moito que o título dun libro o único que amose sexa a súa portada, é un engano no que xa piquei varias veces, un espera que unha ligazón azul o leve ó contido do libro, parte do contido ou algunha información de interese sobre o libro, e pola contra o único que atopa é unha foto de pouco interese, para min, claro (ó mellor por levar un chasco ó esperar atopar outra cousa).
A listaxe do contido do libro tampouco penso que sexa de grande interese, é simplemente unha restra de nomes, a un lector normal non lle vale de gran cousa, o que siga esa ligazón o que querería coñecer é a información sobre o propio libro, e nese artigo si sería procedente engadir a ligazón á restra de nomes.
Así que, como a opción 1 é a básica, a cuarta opción penso que debería ser a usada neste tipo de modelos xa que é a que realmente achega información, aínda que estea en vermello. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de marzo de 2018 ás 15:02 (UTC)[responder]