Conversa modelo:Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cambiei os datos de Esperanza de vida ó nacer (homes e mulleres) de 2001 (que tiñamos) a 2005 (páxina do IGE) pero non atopo o global da poboación, que segue constando aquí como 80,1, dato de 2001, e que cómpre actualizar a 2005. Pedro --Lameiro (conversa) 18:10, 27 marzo 2008 (UTC)

Acabo de modificar o tema dos mapas, retirei os dous que habia por este que acabo de facer, a idea é que este amosa nun único mapa o que viñan a dicir os dous, comentademe se lle vedes algo negativo. Por certo, estivenlle dando voltas ao tema da bandeira xa que a que hai aí é a insitucional ,e non sei se debemos de colocar máis axeitadamente a bandeira civil, a institucional en principio é para aqueles edificios ou actos oficiais.--Alexandre Vigo 15:40, 15 xuño 2009 (UTC)

Consultada a Lei 5/1984, do 29 de maio de 1984 de Xunta de Galicia, debemos considerar a utilización tamén da bandeira civil, arriscome a poñela no canto da outra, e á espera de que comentedes algo.--Alexandre Vigo 15:44, 15 xuño 2009 (UTC)

Eu penso que é mellor que apareza a que leva o escudo, xa que penso é máis representativa. Iso si, coa lei na man non sei, mais coido que cando se coloca a bandeira representando a Galiza sempre adoita leva-lo escudo. A ver se alguén que saiba máis ca min pode dar mellor explicación. Alberte Si, dígame? 16:08, 15 xuño 2009 (UTC)
Concordo con Alberte, é mellor poñela co escudo, aínda que, como indica a Xunta, soamente é obligatoria nos edificios públicos e nos actos oficiais da CC.AA. --Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 10:42, 28 agosto 2009 (UTC)

Dia da patria[editar a fonte]

Penso que quedaria mellor que o 25 de Xullo fora chamado o dia da patria galega. saúdos. (Suxestión feita por Ivandaponte ás 23:27 horas do 19 xullo 2009, pero esqueceu asinar.)

Día Nacional de Galicia é o nome oficial da festividade, polo que debería de se manter así na caixa. Alberte Si, dígame? 00:31, 20 xullo 2009 (UTC)
Mapa actual
Mapa proposto

Propoño cambiar o mapa actual do modelo, no que apenas se ve a localización de Galicia, por o mapa de España dividido nas Comunidades Autónomas e no que sae resaltada Galicia en vermello. Ademais penso que é necesario para a normalización dos artigos sobre as Comunidades Autónomas españolas, por moito que Galicia siga tendo o seu modelo aparte. --AMPERIO (conversa) 16 de febreiro de 2014 ás 16:22 (UTC)[responder]

Aínda que tampouco estaría de máis a eliminación deste modelo e poñer no artigo o que se emprega no resto de Comunidades Autónomas, a saber, o Modelo:Primeira entidade subestatal, que máis ou menos trae os mesmos datos que este. --AMPERIO (conversa) 16 de febreiro de 2014 ás 16:28 (UTC)[responder]
No primeiro estou dacordo, é unha boa idea. No segundo caso, deberíamos aproveitar para traballalo en WP MD. Pontevedra78|Conversa 17 de febreiro de 2014 ás 20:00 (UTC)[responder]
De feito o que se debería facer é crear un modelo para as comunidades autónomas (que ese seguro que non ten opción a erros posto que non se podería usar noutro tipo de artigos). --AMPERIO (conversa) 17 de febreiro de 2014 ás 20:04 (UTC)[responder]
  1. Concordo plenamente con empregar o mesmo modelo que no resto de Comunidades Autónomas, non ten sentido ter un modelo específico para Galiza e nin nas Wikipedias en catalán ou euskara tratan dun xeito distinto a Cataluña e o País Vasco respectivamente. Piquito (conversa) 17 de febreiro de 2014 ás 22:22 (UTC)[responder]
  2. É a discusión de sempre. Eu o da "especificidade galega" non o levo ben e xa o teño repetido por aquí moitas veces: A Galipedia é unha enciclopedia universal en galego, non unha enciclopedia sobre Galicia. O Modelo:Primeira entidade subestatal está pensado para casos coma este, as CA, os estados dos EUA, as provincias canadenses e demais... --Norrin_strange (Fala-me) 18 de febreiro de 2014 ás 07:38 (UTC)[responder]
Entón para ir aclarando, co de cambiar o mapa estamos todos dacordo non?--AMPERIO (conversa) 18 de febreiro de 2014 ás 18:24 (UTC)[responder]
Concordo con cambiar o modelo e o mapa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de febreiro de 2014 ás 00:57 (UTC)[responder]
Concordo con cambiar o mapa e usar o Modelo:Primeira entidade subestatal. Para min non ten sentido buscar a homoxeneidade de estilo e deseño nos outros artigos e non neste. --Breogan2008 (conversa) 19 de febreiro de 2014 ás 01:05 (UTC)[responder]

Pois entón vou cambiar o modelo que aparece no artigo Galicia polo de Modelo:Primeira entidade subestatal xa co mapa arranxado. --AMPERIO (conversa) 19 de febreiro de 2014 ás 15:48 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --AMPERIO (conversa) 19 de febreiro de 2014 ás 16:08 (UTC)[responder]
Agora hai que ver que se fai con este modelo. Propoño borralo ao non ter xa uso. --AMPERIO (conversa) 19 de febreiro de 2014 ás 16:10 (UTC)[responder]
Concordo. Podería borrarse directamente, na miña opinión. Pontevedra78|Conversa 20 de febreiro de 2014 ás 20:33 (UTC)[responder]