Conversa categoría:Mamíferos de Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

De Galicia e de España[editar a fonte]

Boas, no artigo Cabra montesa quitei a categoría mamíferos de España porque xa ten a categoría mamíferos de Galicia, e os mamíferos de Galicia xa están en España... Breogan2008 desfixo o meu cambio pero eu sigo sen telo claro. Non me parece que estea ben ter nun artigo que está na categoría mamíferos de Galicia e tamén na de mamíferos de España porque a de Galicia é subcategoría da de España. É certo que ó mellor ese mamífero está tamén noutras partes de España, pero eu creo que o que haberá que facer neses casos será engadir as categorías das outras comunidades autónomas nas que estea presente, non? E se non hai cat. para as outras comunidades autónomas pois non se pon nada, pero poñer que está en Galicia e en España paréceme redundante... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xaneiro de 2019 ás 10:50 (UTC)[responder]

Boas Elisardo, segundo o meu punto de vista a categoría dos mamíferos de Galicia é unha categoría "especial" a maiores e necesaria na Galipedia, que malia que poida semellar redudante ten a súa utilidade polo contexto do noso proxecto. Se eliminamos a categoría de mamíferos de España como neste caso, semella que a especie habita exclusivamente en Galicia e Portugal. Noutras wikis téndese a crear este tipo de categorías co país como referencia xeográfica, e mesmo moitos países europeos non contan con categoría de seu, xa que non ten moito sentido categorizar unha especie europea común nunha vintena de estados no continente que menor biodiversidade ten no mundo. Ó meu entender crear tódalas categorías das comunidades autónomas é pouco eficaz e aínda máis redundante. Eu non vexo problema para clasificar unha especie de mamífero dentro de Galicia (para ter unha categoría onde poidamos consultalos todos) e de Europa ou España se tamén habita nestes lugares. Saúdos. --Breogan2008 (conversa) 16 de xaneiro de 2019 ás 11:13 (UTC)[responder]
Non o teño claro, a ver o que din outros..., HombreDHojalata‎ e Banjo, que vos parece a vós? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xaneiro de 2019 ás 12:37 (UTC)[responder]
O caso da fauna/flora é algo particular e concordo con Breogan neste caso en que poden convivir as dúas categorías, malia que sexa unha excepción do que se acordou na política. Hoxe á noitiña razono o argumento. Banjo tell me 16 de xaneiro de 2019 ás 15:16 (UTC)[responder]
Razono: Dous factores que me inclinan a favorecer a excepción neste tipo de casos: Un, a distribución das especies e a "exclusividade" particular na categorización desta temática. Outro a practicidade.
1-A flora e a fauna presenta en moitos casos amplas distribucións, que non se conforman coas divisións xeopolíticas estándar, e que pode que moitas categorías tradicionais non cubran completamente. Ademáis, ó contrario que noutras temáticas (persoeiros, edificios, lugares, etc.), unha categoría sobre "Fauna de X" ten unha exclusividade implícita, que marca a súa distribución ó territorio indicado. (Nunha hipotética "Categoría:Edificios da Coruña" por exemplo, sobreenténdose que un artigo que só teña esta categoría entra dentro da Coruña->Galicia->España->Europa. Non pasa o mesmo con Categoría:Fauna de Galicia, no que un artigo que só estea nesa categoría implica que a distribución da especie está limitada a ese territorio.
2-A alternativa xa comentada de crear categorías de comunidades autónomas, sendo válida dende un punto de vista de uso e política, non resulta práctica. A nosa xeolocalización persoal e lingüística da sentido a ter unha división de certas temáticas particular para o territorio galego, pero non necesariamente para outros territorios próximos. Tendo en conta este interese particular, non tería moito sentido aumentar o volume de traballo nestas categorizacións. Dito doutra forma, para o galegofalante resulta interesante destacar a categorización específica de especies que habitan en Galicia, máis non destacar que as especies habitan nun ou noutro territorio de España (agás que esas especies só se dean de forma exclusiva neses territorios).
En xeral, para a categorización de especies por territorio xeopolítico, entendo que en xeral non deberíamos profundizar máis aló da división por países, con excepcións coma esta particular sobre Galicia ou como territorios menores con fauna/flora exclusiva. Apunto tamén de forma colateral que na relación de país-continente si entendo que con categorizar unha especie pola súa distribución nun ou máis países si fai redundante categorizala por continente, xa que neses casos considero que non implica a mencionada exclusividade de distribución do meu primeiro punto. Banjo tell me 16 de xaneiro de 2019 ás 20:37 (UTC)[responder]