Conversa categoría:Linguas por país

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Ola a todos, e especialmente a Iago, que foi quen creou esta categoría. Non estou moi de acordo con que haxa unha clasificación das linguas por países. Que criterios seguimos? Linguas oficiais? Linguas faladas? A partir de cantos habitantes? Por exemplo, vexo que hai unha categoría que se chama Linguas de Escocia. Aí está a fala dos mariñeiros de Cromarty, que é un dialecto do escocés, pero tamén tería que estar o escocés, o gaélico de Escocia, o inglés e o urdu, cando menos. Debería estar a lingua inglesa en 150 categorías? e o español en 70?

Creo que non é unha categoría operativa e qu dá máis problemas dos que resolve. :) Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 21:43, 8 marzo 2009 (UTC)

En realidade, creeina porque estaba solicitada a Categoría:Linguas do Afganistán e xa existía a de linguas de Escocia, pero tamopuco teño interese en mantela, e penso que os argumentos que expós xustifican a súa eliminación. Hai máis categorías solicitadas deste tipo, pero os artigos alí categorizados podense mover ó da lingua que lle corresponda. --Iago 12:01, 9 marzo 2009 (UTC)