Conversa categoría:Científicos de Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Teño unha dúbida sobre esta categoría, sempre na Galipedia polo que teño visto son Personalidades da filosofía, Personalidades da...., e neste caso, como é que a categoría se chama científicos galegos?, non se tería que chamar Personalidades da ciencia de Galicia, o digo porque na Categoría: Personalidades de Galicia hai unha mestura das dúas e se en toda a Categoría:Personalidades comezan todas igual, non ten moito sentido que na de Galicia haxa semellante mestura. Penso que se debería homoxeneizar. --Alma (fálame eiquí) 23:19, 16 xaneiro 2008 (UTC)

Ui, eu creo que este é un debate pra abrir na Taberna... En realidade hai distintos modelos: é verdade que hai un monte de "personalidades"; pero tamén hai moitos alcaldes galegos, futbolistas galegos e actores e actrices. Non creo que se deban mudar os que xa hai, pero si ditar unhas normas de cara a onde debemos ir. E nese cara onde, temos (creo) dúas cousas a debater:

  • a exclusión das mulleres. Cando dicimos alcaldes non estamos dicindo alcaldesas, e cando estamos dicindo científicos non dicimos científicas. Cando dicimos personalidades da ciencia, estamos evitando pasar por ese bosque.
  • a comodidade da resposta: unha categoría que sexa personalidades galegas dos medios de comunicación é bastante absurdo en relación con xornalistas galegos. E debemos tender a facer as categorías o máis simples e intuitivas que se poida. Quizais tamén nese caso optar sempre por formas dobres do tipo presidentes e presidentas do Parlamento de Galicia é tamén algo bastante engorroso.

Atopar un punto de equilibrio debería ser o óptimo. --Xabier Cid 10:46, 17 xaneiro 2008 (UTC)

Como engadir novos científicos?[editar a fonte]

Quixera saber como se poden engadiir á lista novos nomes de científicos galegos, pois acabo de redactar o arttigo Félix Vidal Costa, ao que lle puxen (entre outras) esta categoría, e non aparece. (Pensei que se agregaban automaticamente). Grazas. --Xoio (fálame) 20:42, 17 de abril de 2011 (UTC)