Félix Vidal Costa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Félix Vidal Costa
Nacemento 6 de novembro de 1942
  Santiago de Compostela
Nacionalidade España
Educado en Universidade de Madrid
Ocupación físico e investigador
Pai Enrique Vidal Abascal
Premios National Research Prize Santiago Ramon y Cajal
editar datos en Wikidata ]

Félix Vidal Costa, nado en Santiago de Compostela o 6 de novembro de 1942, é un físico, investigador e catedrático galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entrada principal da École Normal Supérieure de París.

Estudou o bacharelato no Instituto Arcebispo Xelmírez de Santiago de Compostela, e desde moi novo amosou un talante científico orientado cara á investigación.[1] Rematado o bacharelato trasládase a Madrid para estudar ciencias físicas na Universidade Complutense, onde fixo a licenciatura e onde se doutorou.

Ampliou estudos en Francia, sendo doutor pola prestixiosa École Normal Supérieure de París, así como docteur d’État ès Sciences pola Universidade de París.

Autor de máis dun cento de traballos sobre física da materia condensada e dos materiais, impartiu clases en París e nos Estados Unidos de América, até asentarse en 1984 na Universidade de Santiago de Compostela (USC), na que é catedrático de Física da Materia Condensada. Encabeza un grupo de investigación sobre supercondutividade a altas e baixas temperaturas.[2]. Unha quincena de profesores e investigadores e seis doutorandos franceses estiveron traballando no seu grupo de investigación da USC.

O profesor Vidal Costa mantén unha longa relación co mundo académico francés. Durante doce anos traballou no Laboratorio de Física da Escola Normal Superior da capital francesa. Desde a súa cátedra da Universidade de Santiago de Compostela seguiu vinculado á investigación e á docencia da física de materiais e de baixas temperaturas en Francia, sendo en numerosas ocasións catedrático asociado en diferentes institucións universitarias dese país.

A vinculación científica con Francia do profesor Vidal continúa unha tradición familiar, xa que o seu pai, Enrique Vidal Abascal, que foi catedrático de Xeometría da Universidade de Santiago, tamén mantivo intensas relacións profesionais con universidades e institucións científicas francesas.[3]

É académico numerario da Real Academia Galega de Ciencias[4] e Vicepresidente do Grupo Especial Física del Estado Sólido (FES) da Real Sociedad Española de Química.[5]

Foi director do Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago de Compostela

Obra[editar | editar a fonte]

Na súa etapa na Universidade Complutense publicou:

  • A la escucha de los sonidos cerca de Tl en el 4He líquido, Madrid, Fundación Juan March, 1978. ISBN 84-7075-094-1

Publicou tamén numerosos artigos, como director ou investigador principal , en revistas especializadas como:

  • Physica B-Condensed Matter, ISSN: 09221-4526
  • Physical Review B, ISSN: 1098-0121
  • Superconductor Science & Technology, ISSN: 0953-2048
  • Physica C-Superconductiviyt and its Applications, ISSN: 0921-4534
  • EPL, ISSN:0295-5075
  • Journal of Physics and Chemistry od Solids, ISSN: 0022-3697
  • IEEE Transactions on Applied Superconductivity, ISSN: 1051-8223
  • Physical Review Letters, ISSN: 031-9007

Con membros do seu equipo ten rexistradas varias patentes, como:

  • Limitador indutivo de corrente baseado en múltiples aneis ou películas supercondutoras de pequeno diámetro.
  • Limitador indutivo de corrente baseado en elementos supercondutores con varias zonas débiles creadas artificialmente.
  • Limitador supercondutor de corrente integrado no intercambiador de calor dun refrixerador termoacústico.[6]

Distincións[editar | editar a fonte]

  • 1976. Recibiu a súa primeira distinción en Francia, a medalla de bronce do Centre National de la Recherche Scientifique (CNRS) polos seus traballos sobre os superfluídos.
  • 1977. Foi galardoado co Premio Nacional de Investigación Científica Santiago Ramón y Cajal.[7]
  • 2005. Foi nomeado polo goberno de Francia Cabaleiro da Orde das Palmas Académicas polos "servizos rendidos á ciencia e á cultura francesas".[8]
  • 2009. Recibiu o Título de Excelencia Galega na súa categoría de Ciencias.[9]

Notas[editar | editar a fonte]