Conversa categoría:Arqueoloxía

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Estamos abusando desta categoría. A arqueoloxía abrangue toda a historia, e calquera xacemento, construción ou escavación sería susceptible de estar nesta categoría, e tamén o sería guerra civil española. Pero seguindo ese mesmo criterio tamén poderían estar todos eles na categoría arte. Penso que debería limitarse aos contidos directamente relacionados coa ciencia da arqueoloxía. --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:29, 27 de decembro de 2011 (UTC)

  • Bueno, bueno. A arqueoloxía remataría co imperio romano. Todo o que veña despois non se debería considerar arqueoloxía. Este tipo de definicións (límites, conceptos) virían moi ben no cabezallo das categorías. Pedro --Lameiro (conversa) 13:06, 27 de decembro de 2011 (UTC)
O propio artigo de Arqueoloxía necesita unha reformulación. Eu entendo a arqueoloxía segundo o último párrafo, que me parece bastante aclaratorio: Tradicionalmente considerouse a arqueoloxía como relativa á antigüidade, pero nos últimos tempos o método arqueolóxico vénse aplicando ás diferentes etapas da historia. Como di o cabezallo do artigo en portugués, é a disciplina científica que estuda as culturas e os modos de vida do passado a partir da análise de vestígios materiais --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:30, 27 de decembro de 2011 (UTC)
A Arqueoloxía non remata co Imperio Romano nin moito menos. Existen as disciplinas de Arqueoloxía Medieval e de Arqueoloxía Industrial. A Arqueoloxía, pois, é unha disciplina analítica que estuda os restos materiais do pasado para extraer os feitos históricos, independentemente de onde se sitúen cronoloxicamente. O concepto dunha Arqueoloxía restrinxida á Prehistoria e á Idade Antiga está xa obsoleto e superado pola chamada Nova Arqueoloxía. Un par de exemplos na rede poden ser este ou este, na sexta e sétima folla. --Paradanta (Cóntame) 13:49, 27 de decembro de 2011 (UTC)
Pode ser, pero se non fixamos conceptos non nos poñeremos de acordo sobre a qué nos estamos refirindo. A frase de Estevo da aplicación do método arqueolóxico (e épocas "non arqueolóxicas") é a nai do año. Coñezo o concepto de arqueoloxía industrial pero iso non rebate a teoría básica. A arqueoloxía é o que é e, por extensión, aplícase a outros conceptos e outras épocas. Xa, se falamos de Nova arqueoloxía (supoño que fronte á Vella arqueoloxía) xa acabamos de liarnos e entón, como comezou a primeira intervención de Estevo, calquera cousa é arqueoloxía, e esa palabra deixa de servirnos como criterio de categorización. Remato lembrando a definición de arqueoloxía no DRAG (e, a maior abundamento, no DRAE). A efectos de categorización, creo que ese debería ser o ámbito que debemos seguir. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:06, 27 de decembro de 2011 (UTC)
Ou iso ou poñemos adxectivos (arqueoloxía prehistórica, arqueoloxía antiga, arqueoloxía medieval etc.) Pedro --Lameiro (conversa) 14:10, 27 de decembro de 2011 (UTC)