Conversa Wikipedia:Wikiproxecto protagonista do Día das Letras Galegas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Ensino[editar a fonte]

Hai unha revista de pedagoxía publicada en Ourense entre 1980 e 1986, chamada O Ensino. Na entrada da GEG non cita a Paz Andrade entre os seus colaboradores. ¿Estamos falando da mesma revista? Pedro --Lameiro (conversa) 15:36, 22 de outubro de 2011 (UTC)

Non sei, pero neste artigo do 13 de xuño deste ano, José Paz Rodríguez, que foi director dunha revista "O Ensino", fala das colaboracións de Valentín Paz-Andrade.--. HombreDHojalata.conversa 17:20, 22 de outubro de 2011 (UTC)
Nestouta páxina fala de Paz Andrade e dunha revista "O Ensino" galaico-portuguesa. --. HombreDHojalata.conversa 17:29, 22 de outubro de 2011 (UTC)
Vale, vale. Con estes datos, sí que é a mesma. Pedro --Lameiro (conversa) 18:39, 22 de outubro de 2011 (UTC)

Liña temporal[editar a fonte]

A idea da "liña temporal" (ou cronobiografía) é algo que quixen facer noutros artigos, como o de Castelao (e tantas biografías), o do Estatuto e outros. Pero o seu sitio non pode ser o propio artigo, ¿quizais nun anexo? A verdade é que xa vai sendo hora de pensarmos en incorporalos a Galipedia. Pedro --Lameiro (conversa) 22:35, 24 de outubro de 2011 (UTC)

A miña idea era metela en Galilibros: b:Valentín Paz-Andrade e ligala dende o artigo da Galipedia co Modelo:Wikibooks. --. HombreDHojalata.conversa 13:02, 25 de outubro de 2011 (UTC)
Aí vai a primeira pedra: Cronobiografía de Valentín Paz-Andrade. --. HombreDHojalata.conversa 12:08, 6 de decembro de 2011 (UTC)

Exposición en Coruña[editar a fonte]

O outro día pasei un momento ó lado da Fundación Luis Seoane e vin que teñen unha exposición de Valentín Paz-Andrade ata o 5 de maio, tentarei pasar por alí antes de que remate así que volo comento por se queredes que me fixe nalgún detalle concreto que faga falta para o artigo Unha cousa que vou tentar é averiguar a dirección da súa casa en Samil para ver se podemos pasar por alí a facerlle unha foto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:41, 31 de marzo de 2012 (UTC)

Estupendo. A exposición pasará a Vigo o día 6. Máis info en http://www.valentinpazandrade.es/gl/exposicions.
Imaxes da casa poden verse no programa de 1990 da TVG Lembrando na súa voz, a partires do minuto 10:00. --. HombreDHojalata.conversa 08:43, 1 de abril de 2012 (UTC)
¿E con esas imaxes pode localizarse a casa?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:43, 1 de abril de 2012 (UTC)
Eu, polo menos, non. Apuntábao porque dan unha idea do tipo de casa que é (de pedra, non moi alta, con xardín, etc)... Non me fagas moito caso. --. HombreDHojalata.conversa 22:43, 1 de abril de 2012 (UTC)
Ah, vale, entendo, haberá que pescudar algo máis para poder dar co sitio exacto. Sobre isto comento que mandei onte un correo á Fundación Valentín Paz-Andrade pedindo esta información, a ver se nos poden axudar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 07:39, 2 de abril de 2012 (UTC)

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── É esta: Pousa Nova do Mar. --. HombreDHojalata.conversa 24 de xuño de 2013 ás 16:31 (UTC)[responder]

Xa a vira fai tempo e tiña pendente darche a noraboa por atopala: Noraboa! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xuño de 2013 ás 09:40 (UTC)[responder]

Guitiriz[editar a fonte]

Este verán, se non se me complican as fins de semana, teño pensado ir un finde a Guitiriz, espero poder facer unhas cantas fotos para o artigo de Díaz Castro. Se hai máis cousas que fotografar alí, a parte das comentadas na páxina, podedes apuntalas aquí e veremos o que me da tempo a facer. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xuño de 2013 ás 09:40 (UTC)[responder]

Candidatos[editar a fonte]

Vexo que no proxecto aparece unha sección de candidatos. Habería que incluír a Pucho Boedo? Foi proposto por Manuel Rivas, mais antes de ser académico.

En canto aos futuribeis: Agustín Fernández Paz, falecido en 2016.--Jglamela (conversa) 21 de xaneiro de 2018 ás 15:10 (UTC)[responder]

Adiante, Jglamela, inclúe, inclúe. --. HombreDHojalata.conversa 21 de xaneiro de 2018 ás 19:11 (UTC)[responder]