Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Galipedia falada

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Apartado de suxerencias[editar a fonte]

Saúdos, creo que sería moi interesante o incluír o apartado de suxerencias onde se explica o formato dos audios, ónde subilos, cómo categorizalos, etc. Incluso tomándo o proxecto en castelán como referencia, habería que explicalo un pouco mellor, a primeira vez que tiven que facelo case desisto varias veces, e estou seguro que mais de ún pasou polo mesmo e ó final non participou por este motivo. Non me considero apropiado en canto a coñecementos técnicos ni corrección do galego como para facelo, sen embargo cando esté a estructura creada creo que podería colaborar cos consellos técnicos do proceso de grabación. Os apartados de Participantes activos e "En desarrollo" non os considero necesarios. --LaVozDeTuRelato (conversa) 10:26, 14 de abril de 2012 (UTC)LaVozDeTuRelato

Por suposto que hai que engadir bastantes cousas, onte só fixen o básico da páxina para que todo o mundo (vellos e novos usuarios ;) podan seguir traballando nela :). Así que xa sabes LaVozDeTuRelato, sé valente editando! ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:56, 14 de abril de 2012 (UTC)
Perdoa, pensaba que habías posto o interesante e obviado o prescindible. Intentarei añadir cousas, espero non darlle moitas patadas á lingua. --LaVozDeTuRelato (conversa) 11:21, 14 de abril de 2012 (UTC)LaVozDeTuRelato
Non te preocupes polas patadas, hainas a mancheas polos artigos adiante :), e pouco a pouco vanse amañando. Poden serche de utilidade estas ferramentas, o revisor ortográfico da Galipedia e o ortográfico en liña da Universidade de Vigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:23, 14 de abril de 2012 (UTC)

Que seccións non se len?[editar a fonte]

Hai partes do artigo que non haxa que ler?. Por exemplo, o apartado de Notas, o Índice ou o apartado de Galería, se as fotos non teñen descrición... Habería que tratar e indicar esto na sección de "Creación da grabación", as seccións dun artigo poden atoparse no Libro de estilo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:01, 16 de abril de 2012 (UTC)

Quizais poderíamos traducir este documento da wiki inglesa e despois adaptalo ó que nos pareza mellor. Se o vedes ben póñoo na miña lista de pendentes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:01, 16 de abril de 2012 (UTC)

Elisardo, mudaches o {{Wikipedia gravada}} por {{Son}}. Este último é para meter calquera son. Penso que cómpre empregar un modelo de seu, mellor por máis específico, como teñen en tódalas outras wikis (ver es:Plantilla:Wikipedia grabada e as súas interwikis). O nome pode ser {{Wikipedia gravada}}, {{Wikipedia falada}}, {{Galipedia falada}}... ou o que sexa. Hai que crealo.

Por outra banda tamén penso que podiamos prescindir dos iconiños de cores, que, na practica, non teñen moita utilidae. ou mesmo mudalos por unha barra de progreso. De feito marcáronse en verde tódolos de Galicia e teñen algúns detalles erroneos (p.ex. no artigo di Galicia#franquismo: Na posguerra créase en Bos Aires o Consello de Galiza, comandado por Castelao e Suárez Picallo. No ano 1944 sae do prelo Sempre en Galiza, guía ideolóxica do galeguismo. Pouco a pouco vaise optado polo mantemento dunha acción cultural, como manifesta a creación da editorial Galaxia. e no son di outra cousa diferente). --. HombreDHojalata.conversa 10:17, 16 de abril de 2012 (UTC)

Ok, mudei o modelo porque non sabía se iamos crear un específico ou non pero paréceme boa idea. O das iconas eu penso que podería ser útil para marcar a calidade, se calquera graba un artigo e hai ruídos ou a grabación non é fluida, etc, esas iconas servirán para indicalo na lista. Pero se non vos convencen quitámolas. O da barra de progreso non me convence tanto.
Sobre os detalles dos ficheiros do artigo Galicia quizais podería ser a causa da versión que se grabou, ó mellor non coincide coa actual, eu puxen na descrición a versión que me parecía polas datas dos ficheiros pero avisei a LaVozDeTuRelato de que o revisara. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:49, 16 de abril de 2012 (UTC)