Conversa Wikipedia:Wikiproxecto 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter/Evolución

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hai que corrixir o título da columna que di Media do tamaño dos artigos, en realidade é a mediana do tamaño dos artigos, é dicir, ordenados os 1.000 artigos de menor a maior tamaño, a mediana sería o valor central. Como o número de artigos é par, hai dous valores centrais e a mediana é a media aritmética dos tamaños dos artigos que ocupan os lugares 500 e 501. Este valor é de 7.672, isto quere dicir que hai 500 artigos cun tamaño menor que 7.672 bytes, e outros 500 cun tamaño maior. Se o comparamos co valor da media dos tamaños, practicamente o dobre (15.211 bytes), vemos que hai un pronunciado nesgo cara á esquerda. Conforme vaiamos aumentando o tamaño dos artigos, e diminúan os que son menores de 10 Kb., irá diminuíndo o nesgo (a non ser que os maiores de 30 Kb. os fagamos moi grandes). --Xosé Antonio (fálame sempre) 1 de xullo de 2013 ás 19:43 (UTC)[responder]

Xa fixen o cambio, --Xosé Antonio (fálame sempre) 2 de xullo de 2013 ás 22:57 (UTC)[responder]

Gastroenterite[editar a fonte]

Parece que houbo cambios na lista dos 1000, polo que entendo agora está Gastroenterite pero non sei cal quitaron. Hai que revisar as listas para poñerlle as marcas e categorías ós artigos correctos... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xuño de 2015 ás 10:42 (UTC)[responder]

Forzas armadas <> militar[editar a fonte]

Temos unha cousa rara. Resulta que está a saír que temos un artigo como bosquexo, o de Forzas armadas, pero o problema é que ese artigo non está na lista nin ten o modelo dos 1000... E se temos que meter ese artigo, cal haberá que quitar? Na lista dos 1000 temos o artigo militar, pero ese non é o que está en meta. Se vos parece ben, cambio un polo outro. Ti que dis, Xosé Antonio? Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de xuño de 2019 ás 15:47 (UTC)[responder]

O meu modo de ver penso que o artigo que cumple cos requisitos que se vuscan é Forzas armadas pois é o significado que teria Military en galego xa que Militar seria military personnel, en inglés, o sexa personal militar.--Alfonso mande 6 de xuño de 2019 ás 19:53 (UTC)[responder]
Moi ben Alfonso, pois entón cámbioo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de xuño de 2019 ás 20:51 (UTC)[responder]
Estou de acordo con Alfonso pero acabo de botarlle unha ollada por riba aos dous artigos e penso que o contido do artigo Militar é máis propio do artigo Forzas armadas. Habería que trasladar dito contido a Forzas armadas e encher o artigo Militar cun texto acorde co título, algo parecido ao artigo na wiki inglesa Military personnel. Saúdos, Xosé Antonio (fálame sempre) 6 de xuño de 2019 ás 23:03 (UTC)[responder]
Eu vou traballar no artigo das Forzas armadas, se logo me lembro reviso o de militar. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de xuño de 2019 ás 17:05 (UTC)[responder]