Conversa Wikipedia:Wikiproxecto:Concellos 2011/Estrutura Lugares

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Navegación transversal[editar a fonte]

Creo que o sistema de navegación transversal que estamos usando é moi complicado para os Lugares. É este:


==Lugares e Parroquias==
===Lugares de ===
{{Caixa de navegación de Lugares desa parroquia}}
===Parroquias de ===
{{Caixa de navegación de Parroquias do concello}}
==Véxase tamén==
===Outros lugares===
[[Lugares deste concello]]

Ademais de que parroquias non debería ir con maiúscula, danse un par de problemas:

  • é a única vez que empregamos títulos de sección co único sentido de meter unha caixa de navegación debaixo.E non é necesario, porque xa a propia caixa de navegación ten o seu título.
  • estamos engadindo unha caixa de navegación de segundo nivel de transversalidade, a de parroquias. É dicir, ten sentido que dun lugar se poida ir a outro lugar da mesma parroquia (pra iso están as caixas, pero non o ten que dende unha aldea poidamos ir a unha parroquia que está na outra punta do concello. Creo que no fondo está a necesidade de darlles corpo a estes artigos, algo que deberiamos evitar.
  • non é posible engadir máis texto para alén das caixas de navegación.

A miña proposta é incluír unicamente a caixa de navegación de lugares, sen título nin subtítulo de sección, cunha pequena variante:a reforma da caixa denavegación dos lugares para que haxa unha ligazón ao artigo de parroquias do concello (que existe e onde xa se listan todas), e mais tamén ao de Lugares do concello, que xa existe, e onde se listan todos. Así.


{Caixa de navegación de Lugares desa parroquia + Parroquias do concello + Lugares do concello}}

--Xabier Cid Talk, please 21:28, 19 de outubro de 2010 (UTC)

Concordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:45, 19 de outubro de 2010 (UTC)

Seccións[editar a fonte]

Poida que a estrutura de seccións quede un pouco escasa. Venme á cabeza a modo de exemplo Estevesiños, Estevesiños, Monterrei, que comecei eu e que, adoecendo de falta de referencias, contén información que non procede incluír no artigo da parroquia nin no do concello (a que se refire á morfoloxía do núcleo de poboación, sen ir máis lonxe). Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:52, 19 de outubro de 2010 (UTC)

Waw! Eu diría, con todo, que esa información podería ir en Xeografía, non. En todo caso, é bastante insólita. Diríache que editases directamente sobre a estrutura que propuxen eu, que é supersimple, e logo debatemos os cambios.--Xabier Cid Talk, please 22:11, 19 de outubro de 2010 (UTC)

Títulos de sección[editar a fonte]

Ollo!, o sistema de navegación transversal que "estamos" usando para os lugares non comprende


==Véxase tamén==
===Outros lugares===
[[Lugares deste concello]]

senón só


==Lugares e Parroquias==
===Lugares de ===
{{Caixa de navegación de Lugares desa parroquia}}
===Parroquias de ===
{{Caixa de navegación de Parroquias do concello}}

Eu son partidario de mantelo (poñendo a minúscula a parroquias), aínda que en moitos lugares poda parecer inútil, posto que só hai datos de situación e poboación, sen embargo hai que contar con futuras ampliacións do contido (que esperemos se vaian facendo) e pensade que é moi util para separar os contidos nos artigos que si os teñen, por exemplo Trabadela, Ribela, A Estrada. --Xas (conversa) 22:14, 19 de outubro de 2010 (UTC)

Si, si que hai artigos no que tamén se mestura Véxase tamén e ligazón aos lugares dos concellos, ademais das caixas de parroquias e de lugares cos seus títulos de sección. De todos os xeitos, eu non digo de retirar os títulos de sección en todo, senón como título das caixas de navegación que xa slevan ese título. Unicamente iso. Non sei se me explico... En xeral, aínda que algúns destes artigos son moi pobres, non deberiamos crear estilos só para facer vulto. --Xabier Cid Talk, please 22:19, 19 de outubro de 2010 (UTC)
Engádoche un exemplo onde sucede iso: Beldoña, Mabegondo, Abegondo --Xabier Cid Talk, please 00:18, 20 de outubro de 2010 (UTC)