Conversa Wikipedia:Votacións/Xogar co sistema

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Comentario. Fagoo aquí para non embarullar a votación. Non vexo por ningures onde se establece que os administradores sexan aqueles que xulguen a intencionalidade dun editor de xogar co sistema ou calquera outra edición. Creo que como responsabilidade chégalles bastante ter que analizar se unha edición é vandálica ou non como para que agora se lles meta a cada un deles individualmente a obriga de analizar toda unha traxectoria dun editor. ¿Cómo se faría? Se eu como usuario común acuso a outro e pido a un administrador que analice se ese usuario incurriu en actuacións valorables como xogar co sistema estaría obrigado a decidir unha decisión razoándoa, e o análise de intencións dun editor baseándose nas súas edicións é moi complexa e subxectiva, agás os casos claros que xa son considerados como VANDALISMOS, e unha reiteración nestes vandalismos tamén ten contemplado unha sanción. Tampouco vexo por ningures que fosen normas que se leven aplicando desde tempo, pregaría que cando se utilice este recurso de dicir que xa se facía antes se sinale como, onde e cando para que o interlocutor poida analizalo persoalmente xa que se está a empregrar demasiado a miúdo este recurso e provoca desconfianza. Lansbricae (Ti dirás) 08:55, 7 decembro 2007 (UTC)
  • Comentario. Deixei un comentario en Conversa Wikipedia:Votacións/Romper a edición que coido que ven ó caso e que tería que repetir máis ou menos neste lugar. Comoqueira que Lansbricae xa deixou aquí tamén o seu comentario, dicir que ten razón en que é un tema espiñoso, e que precisamente por eso o ter unha norma acordada pode axudar. Non vai deixar de ser espiñoso, pero mellorará por ter unha base de discusión. Como toda norma humana, terá os seus fallos, poderase mellorar, pero nesas estamos todos, en tratar de mellorar o que temos entre mans.

Saúdos e Bo Nadal.--Agremon(contacto) 19:37, 20 decembro 2007 (UTC)