Conversa Wikipedia:Votacións/Romper a edición

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Optei por poñer os comentarios na páxina de conversa. O por que? pois precisamente por eso, porque son máis comentarios que explicación da votación. O voto é positivo: estiven vendo que é se non necesario, moi convinte ter unha normativa orientadora. O texto proposto está aceptado xa na wikipedia inglesa, e o 'noso' non é maís que unha adaptación. Temos problemas diferentes que na versión inglesa? Evidentemente, pode haber diferencias, pero os problemas básicos corresponden uns os outros, salvando cousas evidentes como o número de usuarios e polo tanto, a organización necesaria. A proposta é respectuosa e o que coido é básico, trata de definir unhas situacións que en casos poiden non estar craras ou estar sometidas á opinión. Como toda normativa, non pode chegar á definición total, pois senón non sería normativa, senón corsé, e eso deixa aberto de novo o paso a interpretacións, pero dun xeito máis reducido. Eu en concreto só lembro unha situación na que actuara en primeiro lugar e na que tería sido convinte contar cunha normativa deste tipo. Supuxo para min un dilema enfrentarme a outro colaborador que, por outra parte, consideraba que en xeral estaba sendo positivo para a Galipedia. Unha normativa así tería axudado a non chegar ó pequeno incidente que tiven a sorte de que se solucionara. Non embargantes, quero engadir outra cousa máis que motivou tamén que este comentario non sexa un engadido ó voto, senón un aparte. Desde unha situación de pouca intervención últimamente (o que permite unha certa perspectiva), estou vendo unha especie de polarización. Maniféstase nas votacións, pero coido que é máis de fondo. E, despois de chamar a atención sobre o tema dun xeito moi curto, unha lembranza: a riqueza está na variedade, non na loita pola supremacía. Cando hai posturas diversas sempre se pode entender que xurda algún tipo de loita pero se se enfronta en plan guerra, todas as partes perden. A quen queira pelexar, aconsellaríalle que canalizara as forzas de xeito construtivo despois dnha meditación, e, se acaso, que pase polos galilibros e lle bote unha ollada á [arte da guerra], algo ben diferente do típico 'se vis pacem, para bellum'. Saúdos a todos, cos meus mellores desexos dun Bo Nadal.--Agremon(contacto) 19:27, 20 decembro 2007 (UTC)

Concordo bastante cas palabras de Agremon que ainda non conocia moito, polo que se refire a que esta norma, por ben criticable que sexa é unha ferramente pa casos criticos. Mais no relativo o que sigue non entendo moi ben a causa do xeito mui elegante e refinado pa o meu entendemento do galego. Eu vexo que nestas votacios hai cousa mais do fondo coos votos, vexo algo que corresponde a orientacion xeral do poxecto wiki. Logo ei atropello tanto co que vexo na Galipedia, como no que di Agremon. Atropello porque non se pode levar un debate nise fondo, xa que a Galipedia é unha wiki mais é non pode cada wiki considerarse como unha entidad democratica que define a sua orientacion (é unha comunidade de colaboracion que fomenta libremente un xeito propio pa colaborar). A Galipedia adapta as normas wikis o seu xeito pero non pode definir orientacios editoriales. Teño moitas dubidas, e teño que aclararnas pa min mismo. ElviraConversa con mi 22:04, 20 decembro 2007 (UTC)
Grazas, Agremon. As túas palabras sempre trazan un camiño. --Xabier Cid 23:09, 20 decembro 2007 (UTC)