Conversa Wikipedia:Entradas do Diccionario bio-bibliográfico de escritores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Homónimos[editar a fonte]

Estevoaei, hai varios homónimos nesta páxina, a ver se os podes desfacer. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2018 ás 16:51 (UTC)

Feito! Feito! --. HombreDHojalata.conversa 3 de maio de 2018 ás 19:18 (UTC)

Nome e apelidos?[editar a fonte]

Pasamos tamén esta lista ó formato "natural" de Nome+Apelidos? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de maio de 2018 ás 13:18 (UTC)

Eu o deixaría estar. É plenamente funcional e non ten nada de incorrecto, porque, ao fin e ao resto, así é como aparece no libro. Mudalo levaría moito traballo, que eu investiría, mellor, en facer que progrese Wikipedia:Artigos da Gran Enciclopedia Galega, Wikipedia:Artigos da Diciopedia do século 21, Wikipedia:Entradas do Dicionario de mulleres galegas ou mesmo Wikipedia:Artigos da Enciclopedia Galega Universal, por exemplo. --. HombreDHojalata.conversa 3 de maio de 2018 ás 18:51 (UTC)
Pero con formatos semellantes tamén aparecían as listas dos outros libros... Eu penso que habería que uniformar o formato e poñelas todas igual, así quedará máis claro o que facer coas novas que se vaian creando. É que se deixamos unhas cun formato e outras con outro, as novas que se vaian facendo irán tamén igual... Do choio non te preocupes, pouco a pouco irá indo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de maio de 2018 ás 20:28 (UTC)

Uso en Wikidata[editar a fonte]

Esta obra pódese usar en Wikidata como referencia nas afirmacións dun elemento. Para facelo hai que, en cada afirmación, premer no lapiciño, e premer en "engadir referencia". Tecleamos "descrito pola fonte" ou P1343 e seleccionamos na primeira parte e na segunda tecleamos "Diccionario...." ou Q12387063 ata que saia o dicionario e damos a aceptar. Feito isto só queda publicar. Polo momento só temos 40 elementos en WD que teñen engadida esta obra como referencia, como se pode ver nesta consulta: https://w.wiki/RRN. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 21 de maio de 2020 ás 07:43 (UTC)