Conversa Wikipedia:Asuma a boa fe

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Discordo Non polo texto, senón pola intención coa que se fai esto. Está tan claro que o que se pretende é xogar co sistema, para dividir, que non podo máis que estar en desacordo. AlberteSi, digame? 11:25, 4 outubro 2007 (UTC)
  • Xustifique as súas acusacións, senón trátanse non de opinións ou acusacións senón de insultos directos e non llos vou a consentir máis. Lansbricae (Ti dirás) 11:28, 4 outubro 2007 (UTC)
  • Só ten que premer na ligazón de xogar co sistema e ler un pouco. AlberteSi, digame? 11:32, 4 outubro 2007 (UTC)
  • Non teño interese ningún en iniciarme na lingua de "Chespir", nin de tratar de averiguar ou especular sobre a concreción das súas xenéricas acusacións. Se nón quere concretar alá vostede. Lansbricae (Ti dirás) 11:41, 4 outubro 2007 (UTC)
  • Propoño mover esta páxina a presupoña boa fe que é unha tradución máis correcta. --Xabier Cid 19:22, 4 decembro 2007 (UTC)
    • Concordo--emilio juanatey(talk) 19:42, 4 decembro 2007 (UTC)
    • Neutro A miña proposta só podería ser eliminar esta política, como moitas outras que estades desenvolvendo ultimamente, por inútil. Este chamamento a ser bo nin serve de nada nin se poderá aplicar nunca, entre outras cousas por ser indefinible e "indelimitable" (perdón polo palabro). Algo así como querer poñer portas ó campo. Por exemplo: ¿cando chega o momento de deixar de "presupoñer"/"asumir" para poder ter dereito a ter/emitir un xuízo? Pedro --Lameiro (conversa) 19:58, 4 decembro 2007 (UTC)
    • Concordo en cambiarlle o nome, non en eliminar algo que deriva directamente dos 5 piares e que polo tanto non é susceptibel de ser calificada como "inútil", nin de ser modificada no seu fondo. -- Alma (fálame eiquí) 22:36, 4 decembro 2007 (UTC)

¿Foi esta política xa sometida a votación?--Carronada 00:14, 10 marzo 2010 (UTC)

Non, o texto non se presentou aínda a votación. --Alberte Si, dígame? 18:56, 10 marzo 2010 (UTC)
E ¿cándo o será?--Carronada 19:49, 10 marzo 2010 (UTC)