Conversa Wikipedia:Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Asinar
[editar a fonte]Non dou atopado como facer para que, ao asinar, apareza ese (talk) en superíndice que leva á páxina de discusión persoal de cada quen. Eu asino con catro ~~~~ pero non sei como facer o outro. Creo que debería estar nesta páxina. Xosé 13:35, 11 Mar 2005 (UTC)
Ah! e felices 4.000, aos que habemos de chegar hoxe :-) !!!
- Imos ver. cando te rexistras (e che da o rexistro exitoso) daquela apareceche na parte superior da paxina do teu navegador un equeño icono (con forma de busto dunha persoa) e o caron o teu nome (alias); seguelle o apartado "as miñas discusións" e logo "preferencias". Pois ven, neste apartado "preferencias" as de ver un recadro da "información do usuario" e dentro del os seguintes apartados: "O seu correo-e*:" (o que teñas inxerido, e podes cambia-lo por outro); por abaixo tes un pequeno cadradiño e o seu carón "Deshabilitar o envio de correo-e doutros usuarios" (que por defecto non esta marcada); a seguinte abaixo apareceche "O seu alcume para sinaturas" (cambias o que hai e meteslle esto que che deixo preparado (sen as comillas, só o de dentro) "Xosé(talk)" e na seguinte de abaixo, onde pon "Raw signatures (without automatic link) deixalla marcada. Outra forma de asinar é engadindo dous guions (–) seguidos de 4 (~) ou no seu defecto marcando a tecla alt+126 catro veces. un saudo e haber se resolvemo-lo problema.--Xelo2004(talk) 16:00, 11 Mar 2005 (UTC)
Texto en verde
[editar a fonte]O texto resaltado en verde representa unha serie de cambios propostos a data de outubro de 2015 con respecto á redacción orixinal da política oficial. ☣Banjo tell me 2 de outubro de 2015 ás 12:59 (UTC)
- Creo que deberiamos substituír deficiencia visual por discapacidade visual, Banjo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 1 de decembro de 2015 ás 09:35 (UTC)
- Feito! Grazas polo apunte! ☣Banjo tell me 1 de decembro de 2015 ás 09:48 (UTC)
Eliminar unha frase
[editar a fonte]En WP:AS#Restricións ás sinaturas pon «Por norma xeral, a sinatura ten que representar ao nome de usuario que referencia» antes da listaxe de normas. Creo que debería borrarse esta frase por varios motivos: é redundante (toda a información que achega xa está máis arriba ou máis abaixo), soa máis preceptiva que imperativa, representar é un verbo bastante ambiguo neste contexto, e ademais omite a obriga de enlazar á propia páxina de usuario.
Máis opinións?
Petillés (conversa) 8 de novembro de 2017 ás 18:04 (UTC)
- Concordo Resulta redundante e pouco efectiva como comentas, tendo en conta que máis adiante xa se dan indicacións sobre iso. Eu eliminaría tamén "(ademais de ser ineficaz)", podería dar pé a posibles intentos de vandalismo de forma inecesaria. ☣Banjo tell me 8 de novembro de 2017 ás 19:19 (UTC)
- Concordo Por redundante e ambigua. Tamén concordo co indicado por Banjo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de novembro de 2017 ás 19:47 (UTC)