Conversa Wikipedia:Artigos vitais/Expandido/Bioloxía e ciencias da saúde

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Familias de aves[editar a fonte]

Por que se utiliza a terminación -ídeos nas familias de aves? Así fan en portugués, pero o DRAG utiliza -idos. Por exemplo Fringillidae = frinxílidos (Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para frinxílidos.) e non frinxilídeos. Da mesma maneira sería cucúlidos e non cuculídeos, merópidos e non meropídeos etc. Por outra parte, a páxina Faetontiformes correspóndese coa inglesa Tropic bird, pero nesta páxina úsase rabo de palla (rabo-de-palha). A unha especie dese xénero propuxeron chamarlle rabixunco (Phaethon aethereus).--Miguelferig (conversa) 8 de novembro de 2016 ás 22:09 (UTC)[responder]

Boas Miguelferig, fíxeno baseándome no seguinte documento: os nomes galegos das aves. A verdade é que non tiña moita idea sobre a terminación correcta e ao atopar este recurso seguino para pasar os nomes ao galego. Agradeceríache moito se lle fixeras unha revisión aos nomes para poñelos ben. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 8 de novembro de 2016 ás 22:42 (UTC)[responder]
Feito! Feito!.--Miguelferig (conversa) 9 de novembro de 2016 ás 20:03 (UTC)[responder]
Grazas! --Chairego apc (conversa) 9 de novembro de 2016 ás 23:38 (UTC)[responder]

Contradición en hemípteros[editar a fonte]

No artigo da lista de insectos Hemípteros hai unha contradición, porque a wikidata que ten correspóndese coa familia Gerridae, non con Hemípteros. Unha das cousas está mal, ou o nome do artigo ou o número da wikidata. Outra cuestión é a do peixe Arapaima, do cal antes se cría que había unha soa especie, pero agora distínguense varias. Eu fixen o artigo Arapaima (un artigo relativamente grande sobre o xénero) e Arapaima gigas (un artigo pequeno desa especie case ilocalizable hoxe). Por tanto, hai dúas opcións, seguidas en distintas wikipedias, pero é mellor poñer a páxina do xénero. Pódense ler as consideracións taxonómicas na introdución do artigo Arapaima. Finalmente, en na páxina Tettigoniidae non estou seguro comosepasa ao galego o termo, pero supoño que será tettigoníido (manteño os dous tes e is), pero non creo que sexa tetigónidos (que é o que parece na lista dos 10.000) porque iso procedería dun suposto Tettigonidae, cando realmente é Tettigoniidae (con dous is).--Miguelferig (conversa) 4 de xaneiro de 2017 ás 17:26 (UTC)[responder]

No apartado de vexetais e froitas só falta quioba (sen wikidata), pero non sei a que se refire. Nas wikipedias e Google procurei quioba fruit, kioba fruit, kiowa fruit e o único que atopei foi unha variedade de amora chamada Kiowa. Será iso? Se é iso vai haber pouca información para facer a páxina.--Miguelferig (conversa) 14 de abril de 2017 ás 17:23 (UTC)[responder]

Parece que agora o modificaron e era quiabo. Entón asunto solucionado.--Miguelferig (conversa) 16 de abril de 2017 ás 20:14 (UTC)[responder]

Artigos con nome problemático[editar a fonte]

Non entendo do tema nin sei cal é a mellor solución, pero nesta sección (como na de ciencias sociais) atopei dous artigos con nomes dubidosos: Na Galipedia non existe o artigo d:Q2690965, aínda que si que temos un artigo chamado trufa (Q7850807). Na seguinte táboa indico como os diferencian outras linguas:

Q2690965 Q7850807
Castelán - Tuber
Portugués - Trufa
Catalán Tòfona -
Francés Truffe (champignon) Tuber
Inglés Truffle Tuber (fungus)

Algo semellante ocorre con nabo (Q3384), no que non temos artigo que ligue con d:Q3916957:

Q3916957 Q3384
Castelán Brassica rapa subsp. rapa Brassica rapa
Portugués Nabo -
Catalán Nap Brassica rapa
Francés Navet Brassica rapa
Inglés Turnip Brassica rapa

--Jglamela (conversa) 16 de maio de 2017 ás 17:53 (UTC)[responder]

Tamén hai problema con amora (Q19842373), no que non temos artigo que ligue con d:Q13180:

Q19842373 Q13180
Castelán Mora (fruta) -
Portugués - Amora-silvestre
Catalán Móra -
Francés Mûre (fruit de la ronce) -
Inglés Blackberry -

--Jglamela (conversa) 26 de xuño de 2017 ás 18:39 (UTC)[responder]

Eu non fixen ningún deses artigos pero dou a miña opinión. No primeiro caso Tuber é o nome dun xénero de trufas. Trufa ten un sisgnificado máis amplo, xa que se consomen e comercializan trufas de varios xéneros, aínda que o xénero máis importante é, con diferenza, o Tuber. No segundo caso Brassica rapa é o nome dunha especie da que existen varias subespecies, entre elas Brassica rapa subsp. rapa (nabo). Outras subespecies corresponden ás plantas mizuna, col chinesa, o bok choy, rapini mostaza de campo etc. (non teño referencias para todas esas denominacións). No terceiro caso, as amoras son os froitos de diferentes especies do xénero Rubus e de varios híbridos que se forman entre elas (a taxonomía é complexa). A páxina do wiki portugués penso que se refire a esta mesma froita, polo que non sei se estarían acertados asignándolle unha wikidata diferente en vez de asocialo coa outra wikidata (foi un erro deles?).--Miguelferig (conversa) 26 de xuño de 2017 ás 21:10 (UTC)[responder]

Segundo aparece en wikidata, Q2690965 refírese ao ingrediente culinario, mentres que Q7850807 se corresponde co xénero Tuber. No caso de amora houbo algúns cambios nas linguas:

Q19842373 Q13180
Castelán Mora (fruta) -
Portugués Amora - (amora-silvestre liga con Q13541716, en galego silva brava)
Catalán Mora (fruit) -
Francés Mûre (fruit de la ronce) -
Inglés Blackberry -

Outro problema é milgranda, que é unha redirección a milgrandeira. Os elementos de wiki-data son froito e árbore.--Jglamela (conversa) 12 de agosto de 2019 ás 16:33 (UTC)[responder]

Cales faltan?[editar a fonte]

Que 4 artigos faltan na sección de Bioloxía e ciencias da saúde? Penso que están feitos todos a día de hoxe.--Miguelferig (conversa) 8 de xaneiro de 2021 ás 17:59 (UTC)[responder]

Son os artigos que aínda teñen (iw) a carón do nome. Son amora, milgranda, nabo e trufa. Aínda que xa están creados, non coinciden cos interwikis que aparecen no listado de artigos vitais. É por iso que non se lles retirou o marcador. Saúdos. --Chairego apc (conversa) 8 de xaneiro de 2021 ás 18:33 (UTC)[responder]
Grazas, verei en que consiste iso dos iw diferentes.--Miguelferig (conversa) 8 de xaneiro de 2021 ás 18:38 (UTC)[responder]
Ah, xa me lembro, é o que comentara Jglamela máis arriba. Ten complicada solución.--Miguelferig (conversa) 8 de xaneiro de 2021 ás 18:41 (UTC)[responder]
Grazas a ti. --Chairego apc (conversa) 8 de xaneiro de 2021 ás 18:50 (UTC)[responder]