Conversa Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Anuncios dos artigos de calidade[editar a fonte]

Segundo esta votación as votacións dos artigos de calidade serán avisados no Sitenotice durante unha semana. Se hai máis de dúas votacións na mesma semana poden retrasarse algúns dos anuncios para que non saturen os avisos da cabeceira. Deixo este aviso aquí para que sexa doado atopar a votación para usos futuros. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de outubro de 2015 ás 10:45 (UTC)[responder]

Orde inversa[editar a fonte]

Eu creo que sería interesante invertir a orde da visualización das candidaturas: aquelas que son máis antigas (é dicir, ás que lle resta menor tempo de votación) deberían ser, por comodidade, as primeiras en verse, non as últimas, creo eu. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 30 de abril de 2020 ás 12:33 (UTC)[responder]