Conversa Wikipedia:Actividades do décimo quinto aniversario/Preparación

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Por favor, nin quince aniversario nin quinceavo. O seu sería décimo quinto. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 29 de setembro de 2017 ás 21:09 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Grazas polo aviso Xoacas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de setembro de 2017 ás 21:16 (UTC)[responder]

Avanzamos ou quedamos parados?[editar a fonte]

@Estevoaei: e @Agremon:, o programa de actividades non avanza, hai que definir algo máis o que se quere facer para ir organizando as cousas e poder pedir con tempo a bolsa á Fundación... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de outubro de 2017 ás 09:08 (UTC)[responder]

Avanzamos aínda que polo momento pareza que non nos movemos. Que tal se ensaiamos un skype ou por Google? Agremon(contacto) 21 de outubro de 2017 ás 21:25 (UTC)[responder]

Elisardojm, estamos avanzando, pode que non nas actividades presenciais do aniversario, pero por exemplo imos a moi bo ritmo coa escolla de artigos de calidade e posiblemente a utopía de chegar aos 150 artigos de calidade para a data se poida realizar, esa é unha actividade nada desprezable e que está en marcha dende hai unhas semanas e na que alédame ver que te involucraches de pleno. Un saúdo, Piquito (conversa) 21 de outubro de 2017 ás 22:57 (UTC)[responder]
Si Piquito, esa parte vai indo, pero ó que me refiro é ás actividades presenciais, que de seguir así non haberá nada xa que fai falta tempo para organizalas e presentalas, nun mes esas cousas non se organizan (o que comentas ti tampouco, pero como iso vai ben polo momento, pois non comento nada, por certo, vin hoxe por riba o artigo de Rosa Luxemburg que me tiña pinta que tan só había que revisalo) Agremon, eu non teño problema en facer unha reunión, pero a ver o que di Estevoaei. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de outubro de 2017 ás 01:40 (UTC)[responder]
Co tema das actividades presenciais seguimos exactamente igual. @Estevoaei: e @Agremon:, houbo tempo abondo para preparalas pero non se avanzou nada, se isto segue así é mellor asumir que non se pode facer e deixalo para outra ocasión. Pola miña parte, se neste mes non conseguimos organizar o que se vai facer e presentar o presuposto á Fundación, eu deixo a comisión de festas porque prefiro facer as cousas con tranquilidade e non andar ás presas a última hora, síntoo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de decembro de 2017 ás 09:36 (UTC)[responder]

Resumo da reunión do 12-12-2017[editar a fonte]

Boas, hoxe tivemos unha pequena reunión da comisión de festas por internete para comentar a organización das actividades e ver como avanzar con elas, e falamos, entre outras cousas, de:

  • En principio, a data ideal para a celebración do evento sería o 10 de marzo, sábado, pero aínda non é definitiva.
  • Contactar coa xente de Cuarto propio en Wikipedia para ver se alguén do seu grupo podería achegarse e comentarnos como se organizan, que actividades realizan, como podemos mellorar a Galipedia para fomentar a edición por parte das mulleres, etc. Estevoaei encargarase de contactar con este grupo e irá dando máis novas.
  • Buscar galipedistas de Ourense e avisarlles das actividades para que estean ó corrente de que imos a organizar este evento na súa cidade e aumentar a participación, e, se é posible, conseguir tamén axuda "local".
  • Facer un obradoiro na universidade durante a semana para achegar as actividades ós alumnos e profesores. Sobre este tema Estevoaei vai contactar con varias persoas da universidade para ver se están interesadas e se pode realizarse.
  • Organizar unha votación para escoller o logotipo.
  • Abrir unha consulta ós galipedistas para ter unha previsión de asistencia e das necesidades de bolsas de transporte. Isto último será o que se teña en conta para logo incluílo no presuposto que se presentará á Fundación.
  • Agremon contactará con xente relacionada coa educación en Ourense para dar a coñecer as actividades e intentar aumentar a participación nas mesmas.

Isto é o que anotei eu, Agremon e Estevoaei, revisade, amañade e engadide o que vos pareza necesario. O que queira ir comentando as súas ideas/propostas/etc sobre estes e/ou outros detalles da organización, é benvido. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de decembro de 2017 ás 21:45 (UTC)[responder]

Saúde a todos. Eu xa puxen algo relacionado con centros educativos na páxina do evento (propostas). Por un lado, son profesor no ensino público e podería colaborar no que dixera Agremon, sempre pode abrir portas entre colegas de profesión. Por outro, son natural de Ourense e vou de cando en vez os fins de semana, pero levo moitos anos sen vivir ali, polo que os meus contactos directos son limitados, máis para ir de viños. A miña implicación non pode ser total, pero tentarei botar unha man, tanto na organización previa como na asistencia presencial nos días do evento. --Viascos (conversa) 12 de decembro de 2017 ás 22:40 (UTC)[responder]
Saúde! Tamén se trataou de contactar con xente metida en asociacións feministas en Galicia, para tentar difundir as actividades e procurar colaboración, dado que o 8 de marzo tamén é o día da muller. Agremon(contacto) 13 de decembro de 2017 ás 06:26 (UTC)[responder]

Esquema básico para as actividades[editar a fonte]

Estiven pensando nun esquema básico para as actividades do aniversario. Isto podería ser o "mínimo" que se podería organizar cun pouco de traballo, con máis traballo poderían facerse máis cousas pero é moi complicado:

  • Durante a semana:
    • Facer obradoiros para profesores e alumnos na uni de Ourense. Xa está Estevo con isto.
    • Facer obradoiros para profesores e alumnos noutros lugares de Galicia. Isto dependerá do que poidan facer o resto de galipedistas.
  • Poñer un aviso nos artigos durante toda a semana avisando do evento, ligando a unha páxina que explique tódalas actividades a organizar.
  • 10:30-11:30 - Encontro de galipedistas. Facer unha "quedada" de galipedistas para reunir a tódolos posibles e poder charlar entre todos das posibilidades, proxectos e intereses que poidan axudar a mellorar o proxecto. Precisaríamos unha sala de reunións con cadeiras, o tamaño dependerá da xente que teña pensado achegarse. As ideas/propostas/queixas anotaríanse nunha páxina asociada ó evento para ir desenvolvéndoas no futuro.
  • 11:30-12:30 - Obradoiro introdutorio de Wikidata ou de Autowikibrowser para editores da Galipedia. Podemos comentar algo destas ferramentas, ou doutras que vexades, nunha charla para os editores da Galipedia. Precisaríamos unha sala cun canón para visualizar as cousas, conexión a internete e enchufes onde conectar os portátiles. Tamén podería facerse nun aula de informática con canón, así a xente non tería que levar os equipos. Esta sala xa valería tamén para facer a reunión anterior.
  • 12:30-13:00 - Descanso para tomar café e respirar
  • 13:00-14:00 - Charla/mesa redonda sobre o traballo das editoras na Wikipedia. Esta sería a charla que darían as persoas de Cuarto propio en Wikipedia. Precisamos unha sala de conferencias/pequeno auditorio (é posible que o/a relator/a precise un canón para amosar algunha presentación ou algo polo estilo, hai que preguntarlle e telo previsto)
  • 14:00-14:30 - Wikitorta para celebrar os quince anos da Galipedia, con velas e todo!
  • 14:30-17:00 - Comida con tódolos interesados. Habería que buscar un sitio para facer unha paparota entre todos. Para organizarse un pouco habería que buscar un restaurante, preto do lugar do encontro e a ser posible con bo aparcadoiro, e preguntar os menús que teñen. Logo habería que comentalo na wiki e pedir que os interesados se apuntaran nunha lista para facer unha reserva conxunta.
  • 17:00-18:00 - Wiki-takes Ourense. Nesta actividade habería que organizarse para conseguir as fotos das parroquias de Ourense (12), e quizais concellos limítrofes (O Pereiro de Aguiar e San Cibrao precisan outras dez imaxes), que faltan, e outras que poidan ser de interese na cidade. Esta actividade habería que organizala de xeito que atraese a xente que aínda non sexa usuario da Galipedia, sería a forma máis directa de entrar en contacto con novos posibles editores. Non se pode atrasar máis para non perder a luz e conseguir mellores fotos. O obxectivo deste wiki-takes sería conseguir imaxes libres para os artigos de Ourense que non as teñen, pero o segundo obxectivo sería intentar conseguir novos editores e tamén dar a coñecer a Galipedia.
  • 18:00-19:30 - Suba das fotos e entrega de agasallo. Precisaríamos unha sala con ordenadores e conexión a internete. Nesta sala explicaríamos ós novos usuarios como teñen que facer para subir fotos ó proxecto e tamén axudaríamoslles a engadilas ós artigos. Habería que conseguir un pequeno agasallo para todos os participantes, unha camiseta conmemorativa co logo estaría moi ben, sería unha lembranza e un incentivo (ata fin de existencias). Neste tempo tamén se explicaría como comezar a editar ós usuarios novos que se achegasen.

Os horarios poden reorganizarse como mellor vexades.

Cousas que se precisan:

  • Sala para a reunión de galipedistas pola mañá, preferiblemente unha sala de ordenadores.
  • Sala de conferencias/auditorio para a charla de Wikieditoras.
  • Wikitorta, velas, pratos e panos de mesa(gasto).
  • Sala con ordenadores para subir as fotos do Wiki-takes Ourense.
  • Agasallos para os participantes.
  • Gastos de desprazamento/aloxamento do/a relator/a. Isto será un bo choio organizativo.
  • Bolsas de transporte para os galipedistas.

Isto é o básico, penso que non é complicado de facer pero hai que poñerse en serio porque hai que conseguir bastantes cousas, falar con moita xente e coordinar bastantes detalles, pero con estes trazos penso que se pode facer unha celebración ben xeitosa. Hai que engadir aínda moitos detalles e axustar as cousas, pero esta é a miña idea básica/global dos actos, agora, se vos parece ben podemos ir detallando/aumentando esta proposta, Estevoaei, Agremon e Viascos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2017 ás 19:14 (UTC)[responder]

Paréceme todo ben. Penso que o ideal sería conseguir o local na Universidade, deberían ter sitios dabondo. Creo recordar que Estevoaei tiña contactos, pero se é necesario algún trámite (chamadas de teléfono, mail...) podo tentar de facelo. Outra cousa, pensástedes no tema da difusión?, notas de prensa, radio, tv...? Se o que pretendemos é atraer a xente nova, ou a nova xente, vale máis un minuto de radio ou un segundo de tv que todo o resto. --Viascos (conversa) 13 de decembro de 2017 ás 19:52 (UTC)[responder]
Noto en falta algo para novatos absolutos. Non sei se o que pretendes é darlle outra orientación, Elisardojm. Agremon(contacto) 13 de decembro de 2017 ás 21:22 (UTC)[responder]
Agremon, a actividade das 18:00-19:30 da suba das fotos sería un pouco para iso. Pero curiosamente, agora pola tarde despois de poñer a proposta, ocorréuseme unha cousa nova, facer un Rebumbio galipédico. E que sería isto? Pois unha especie de xornada de portas abertas da Galipedia na que calquera puidera achegarse a preguntar e aprender o que quixera sobre o proxecto, como crear un usuario, como comezar a editar, como subir fotos, por que se borran edicións, etc, e serían atendidos de forma personalizada polos editores da Galipedia con máis experiencia. Nesta actividade tamén se explicaría como facer a suba das fotos do Wiki-takes. Pode ser un pouco caos..., pero tamén penso que é a mellor forma de que toda a xente que poida estar interesada teña algún motivo para achegarse. Ademais deste xeito faríase unha atención máis personalizada.
Facer un obradoiro "formal" de introdución á edición sería outra posibilidade, pero da moita menos flexibilidade e ó mellor anima menos á xente... Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de decembro de 2017 ás 00:51 (UTC)[responder]

O "rebumbio galipédico"[editar a fonte]

Xente!! M.A. vai a participar no Rebumbio galipédico!
Evento aprobado por M.A. Barracus.

Que é un "rebumbio galipédico"? Pois realmente non se pode definir, é todo e ó mesmo tempo pode non ser nada ;). É un obradoiro de iniciación á edición, unha xuntanza de persoas interesadas na Galipedia, un wikimaratón, pero é todo iso e calquera outra cousa relacionada coa Galipedia, todo xunto e da mellor forma posible. Sería un evento polifuncional, politemático, polifacético e apolítico, aberto a todas as persoas que queiran saber máis cousas (calquera cousa) do proxecto, independentemente do seu nivel de coñecementos de calquera tipo. Estaría pilotado por un grupo de usuarios avanzados, rexeitados polo exército acusados por un delito que non cometeron, e que sobreviven fóra da lei como mercenarios voluntarios axudando ós desvalidos do mundo das wikipedias e endereitanto entortos nos seus ratos libres. Se vostede ten un problema na Galipedia quizais poida contactar con eles, pero o máis sinxelo é que eles contacten con vostede...

A maiores hai que dicir que este evento é único, porque "formalmente" nunca se organizou unha actividade deste tipo e polo tanto sería a primeira vez que se organizara en Galicia, e en todo o mundo!! (Habería que intentar que tampouco fose a última :D). Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de decembro de 2017 ás 09:11 (UTC)[responder]

Pode ser unha boa idea se logramos darlle xeito para que impacte o seu anuncio.Agremon(contacto) 14 de decembro de 2017 ás 12:17 (UTC)[responder]

Agremon, chega con dicir que vai vir M.A.? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de decembro de 2017 ás 13:06 (UTC)[responder]
Ten boa pinta a pachanga, se podo vou. Oliveira. (conversa) 14 de decembro de 2017 ás 21:25 (UTC)[responder]
Resulta que o vin o día 28... Agremon(contacto) 31 de decembro de 2017 ás 19:20 (UTC)[responder]

Estado das cousas[editar a fonte]

Boas a todos, ata o día de hoxe non se puido organizar gran cousa polo momento. Conseguimos contactar co concello de Ourense, Concellería de Igualdade, están interesados na actividade do obradoiro e wikimaratón pero van revisar se teñen unha sala de ordenadores que abra o sábado pola mañá.

Se os do concello non poden xestionar a sala, temos outra posibilidade, contactar co Centro sociocomunitario de Ourense, hai que mirar que sala teñen e se estarían interesados.

En resumo, que hai pinta de que se poida facer un rebumbio galipédico e wikimaratón de biografías de mulleres, xa que entraría dentro das celebracións do Día da Muller Traballadora, o sábado 10 de marzo pola mañá.

Entón o que poderíamos organizar ó redor disto é:

  • celebración do aniversario da Galipedia despois do obradoiro,
  • solicitar unha bolsa á Fundación da Wikipedia para dar bolsas de transporte para que os editores da Galipedia poidan achegarse a Ourense sen problema
  • galencontro e comida de editores da Galipedia para xuntarnos e comentar o que se nos vaia ocorrendo.
  • posibilidade de facer algunha foto que falte en Ourense...

Agora tedes que comentar o que vos parece todo isto, Estevoaei, Agremon, Viascos... Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de xaneiro de 2018 ás 11:27 (UTC)[responder]

Paréceme ben todo. Pensei que ao final quedaramos no día 3, pero por min vale. Precisaríase a sala de ordenadores mañá e tarde?, poderíamonos apañar con sala con wifi se non hai outra cousa? --Viascos (conversa) 24 de xaneiro de 2018 ás 20:45 (UTC)[responder]
Ah, pois non me lembrei para nada do día 3, mirei un pouco na páxina e aquí na conversa para ver o que estaba anotado, e como non había nada sobre o día pois non me decatei de máis nada, síntoo...
A ver, si, precisamos unha sala de ordenadores pero agora mesmo é cousa do concello, imos esperar a ver o que van dicindo. Ó final a sala parece que só se vai precisar pola mañá porque a estas alturas non hai tempo para organizar nada máis.
Vou a ir facendo o borrador da solicitude, pero tedes que ir pensando que cantidade pedimos (Estevoaei, Agremon, Viascos), é dicir cantas bolsas de transporte queremos dar e de que cantidade (cantidade media, claro). Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de xaneiro de 2018 ás 21:52 (UTC)[responder]
Ufff, pola miña parte non teño nin idea do que se pode pedir, nin o número de bolsas nin a cantidade media. Mellor que opine alguén que o fixera outras veces. Tamén penso que non habería problema en falar con Wikimedia España e preguntarlle polo asunto. Imaxino que o levará Rodelar, e pódese confiar nel, fará o que poda e fala claro.--Viascos (conversa) 25 de xaneiro de 2018 ás 00:04 (UTC)[responder]
Xa está feito o borrador, meta:Grants:Project/Rapid/Elisardojm/Wikipedia in Galician 15th anniversary Meeting, saen 874 leuros. Hai que revisalo e afinalo entre hoxe e mañá porque hai que presentalo 6 semanas antes do evento para que teñan tempo a estudalo. Cando esteamos todos conformes pasareino a petición en firme. Toda a axuda é benvida, se podes, dille que lle bote unha ollada a ese documento e que nos comente o que lle pareza. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de xaneiro de 2018 ás 01:23 (UTC)[responder]
Ah, por certo, esquecinme de comentar que a bolsa agora está como borrador, hai que pasala a petición en firme antes do domingo porque precisan un prazo de 6 semanas antes do evento para avaliala e así pasaríamos un pouco do límite pero penso que non habería problema en presentala.
Outra cousa, eu puxen 24 participantes da Galipedia cun gasto medio de desprazamento de 30 leuros, o que sae en 720 leuros. Podemos axustar esa cantidade, poñer por exemplo 19 participantes, e pedir a maiores 30 camisetas da tenda de Wikimedia como agasallo ós asistentes. Iso serían 20*20 USD= 400 USD máis, a grosso modo, cousa que poderíamos engadir sen problema ó presuposto xa que o límite destas peticións son de 2000USD. Agora vós decídeme como axustamos isto.
E agora estou pensando que o presuposto actual é de 1084 USD, para 34 persoas, se pedimos camisetas para todas serían 35*20 = 700USD, e sumado ós 1084 sería 1784 USD, co cal tampouco pasaríamos do límite... Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de xaneiro de 2018 ás 08:30 (UTC)[responder]
Coido que aínda que sexa só por unha cuestión de contraste, o número de bolsas debera ser diferente (e menor) que o de camisetas. Quizáis son pesimista, pero coido que os números que puxeches son grandes.Agremon(contacto) 26 de xaneiro de 2018 ás 17:48 (UTC)[responder]
Agremon, eu creo que non..., se estimáramos, por exemplo, que van 20 persoas e pedimos 30 camisetas, os da fundación poderían dicir: se dis que van ir 20 por que pides camisetas para 30? Creo que debería ser a mesma cantidade para as dúas cousas. Outra cousa é se cres que vai achegarse menos xente, entón cambiamos a estimación, poñemos que van 10 galipedistas, 4 organizadores e 10 usuarios novos, en total 24, e pedimos 25 camisetas... Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 17:59 (UTC)[responder]

Elisardo, non me atrevín a cambiar iso na parte final da proposta en commons, pero na suma, 15+10+4 non dan os 33 que pos. Fixen algún aumento noutros puntos e corrixín algunha verba que en principio penso que estaba mal. Agremon(contacto) 26 de xaneiro de 2018 ás 18:01 (UTC)[responder]

Tes razón son 29, xa o amañei. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 23:42 (UTC)[responder]
Acabo de enviar a proposta da bolsa, nos vindeiros días veremos o que van dicindo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xaneiro de 2018 ás 19:51 (UTC)[responder]
Hola, por mención de @Viascos:, lin a proposta de Grant e paréceme axustado, tanto nos conceptos coma nas cantidades, polo que penso que non deberíades ter problemas. Moito éxito no encontro; encantaríame poder acercarme, pero ise día teño outro compromiso polas celebracións do Día da Muller. Saúdos. --Rodelar (conversa) 2 de febreiro de 2018 ás 17:36 (UTC)[responder]
Grazas pola revisión Rodelar. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de febreiro de 2018 ás 01:17 (UTC)[responder]

Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día da Muller Traballadora[editar a fonte]

Boas, comecei a páxina de Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día da Muller Traballadora pero aínda hai que ir engadindo contido e revisando. Esta noite voulle mandar un correo á do concello dicíndolle que estamos a comezar esa páxina e que precisamos os detalles da sala para ir poñéndoos. Tamén habería que buscar entidades, asociacións e outros colectivos de Ourense cos que contactar para ir avisándoos da actividade e, se queren que tamén colaboren na organización, engadindo biografías na lista ou preparando bibliografía para achegar ó evento, ou o que lles pareza... Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de xaneiro de 2018 ás 16:16 (UTC)[responder]

Cando teñades un momento, Estevoaei, Viascos, Agremon, botádelle un ollo á páxina do wikimaratón por se hai algo que amañar, tamén hai que ir creando a lista de artigos a mellorar e crear. Para as listas pensei en aumentar a súa información indicando se os artigos teñen algún marcador de aviso, se teñen artigo noutras wikis ou se son artigos bos ou de calidade para que a xente vexa dunha ollada como están os artigos.
Tamén hai que ir buscando as posibles entidades coas que se podería contactar en Ourense, tanto feministas coma culturais. Deberíamos pedirlles non só a asistencia, se non tamén axuda para ir creando as listas, así quizais teríamos un pouco máis de implicación pola súa parte. Tamén se lles podería dicir que, se lles é posible e se veñen ó evento, sería moi interesante que viñeran coa bibliografía que tiveran sobre o tema para permitir a súa consulta e usar como referencia nos artigos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de febreiro de 2018 ás 11:03 (UTC)[responder]

Transporte sustentable[editar a fonte]

Ola a tod@s, se hai alguén que vai dende a comarca da Coruña que o diga e igual podemos ir xuntos pra non aparecer aló cuha flota de automóbiles enorme. Eu saio da Coruña e non me importa recoller a alguén polo camiño a Ourense se non me teño que afastar moito da ruta. Deixo esto aquí e agardo uns días por se lle interesa a alguén antes de poñer nada no da bolsa de transporte xa que igual nen levo a miña furgoneta. Vémonos! Oliveira(conversa)

Pois ó mellor isto interésalle a Sobreira que vai dende Santiago... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2018 ás 08:42 (UTC)[responder]