Conversa:Xornal de Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O novo Conselleiro-delegado de Xornal de Galicia, S. A. e xerente de Xornal de Galicia é Miguel Ángel Souto. Pódese comprobar en calquera exemplar da edición impresa do xornal, no organigrama do mesmo e da empresa á que pertence que adoita vir na parte inferior da segunda páxina de Opinión.--Paradanta 15:25, 29 xaneiro 2010 (UTC)

Peche da edición dixital?[editar a fonte]

A referencia número 6 sobre o peche da edición dixital liga á nova sobre o peche da edición impresa. Non atopei referencia ningunha sobre o peche da dixital. De onde tiraches esa información, Xabier? Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 21:12, 19 de setembro de 2011 (UTC)
Prnoticias, Galicia Confidencial, La Voz de Galicia e non sei se outras (e traballadores que o dixeron nos seus taboleiros de facebook). Saíu hoxe en varias cabeceiras dixitais, Paradanta. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:20, 19 de setembro de 2011 (UTC)
Ok, pero non pecha inmediatamente, especúlase con que sexa antes da fin de ano, polo que non cómpre poñer aínda os verbos en pasado nin dicir que a versión dixital mantívose ata setembro deste ano. En Galicia Confindencial apúntase como data máis probable o 30 de decembro. --Paradanta (Cóntame) 21:24, 19 de setembro de 2011 (UTC)
Certo. --Atobar (conversa comigo) 21:32, 19 de setembro de 2011 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (marzo 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Xornal de Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 31 de marzo de 2019 ás 03:48 (UTC)[responder]