Conversa:Xoana a Beltranexa

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non teño claro por que é Xoana e non Juana. Deduzo do artigo que non foi raíña, senón nobre, daquela o nome habería que mantelo na súa forma orixinal. O alcume de Beltranexa tampouco o comprendo moito: non é unha tradución (non hai tradución posible de Beltraneja) nin se ve referencia do seu uso. Xoacas(sólo la puntita) 22:29, 6 de xuño de 2010 (UTC)

Nos libros de ensino (en galego) aparece como Xoana "a Beltranexa", eu diría que é correcto. --Raposo 22:40, 6 de xuño de 2010 (UTC)

  • Raposo, podes especificar que libro? Se dás unha referencia contrastábel, asunto resolto. Graciñas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22:42, 6 de xuño de 2010 (UTC)

Pois no de Lingua Galega e Literatura de Bacharelato da editorial Anaya recordo unha reseña histórica sobre as guerras sucesorias onde a nomeaban de esa forma. E podería ollar algún libro de historia que seguro que tamén lle dan o mesmo nome, polo menos eu non lembro estudar a Juana a Beltraneja senon a Xoana.Saúdos. --Raposo 22:54, 6 de xuño de 2010 (UTC)

Debate pechado. Grazas aos dous. Xoacas(sólo la puntita) 23:22, 6 de xuño de 2010 (UTC)

Segundo WP:NPP o nome tradúcese. Porén, non teño claro se debemos empregar "a Beltranexa" ou "de Castela", xa que o 1º é, segundo se indica, pexorativo. Qué opinades Sernostri e AMPERIO? --Norrin (Fálame) 6 de maio de 2014 ás 07:02 (UTC)[responder]

Que nós teñamos que ser neutrais non significa que as fontes teñan que selo, as fontes son as que son, e efectivamente gañaron os seus inimigos (historiograficamente tamén), a fonte que se indic aí enriba sinala Beltranexa, se hai fontes que que fagan pensar que a forma Xoana de Castela ou Xoana de Trastámara ou calquera outra son as empregadas pola historiografía galega entón si que habería que mover o artigo, pero non polo feito de Beltranexa ser pexorativo, senón pola súa utilización ou non na historiografía galega.--Sernostri (conversa) 6 de maio de 2014 ás 13:57 (UTC)[responder]
Volvendo un pouco ao tema, e xa que me xurdiu o problema mentres editaba outro artigo. Penso que o a única ligazón que debe dirixir cara esta páxina é Xoana a Beltranexa, deixando Xoana de Castela como redirección, xa que Xoana de Castela tamén foi a filla de Isabel I (Xoana 'a Tola'). Sernostri e Norrin que dicices? --AMPERIO (conversa) 29 de decembro de 2014 ás 17:23 (UTC)[responder]
Pois... entendo que tes razón. Non sei se podería concretar máis o título (é outra opción), mais paréceme ben deixar Xoána de Castela como homónimos, coas opcións de "Xoana a Beltranexa" e "Xoana I de Castela". Saúdos! --Norrin (Fálame) 29 de decembro de 2014 ás 21:22 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Xoana a Beltranexa. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 14:50 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Xoana a Beltranexa. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 31 de outubro de 2019 ás 00:29 (UTC)[responder]