Conversa:West Side Story (musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Nome do artigo[editar a fonte]

Galathil7 e Elisardojm, discordo coa proposta de chamarlle West Side Story á película, xa que o que se fixo primeiro foi o musical e non a película (como en moitos outros casos). Por outra banda, creo que non hai que darlle unha cana de pescar ao pobre, senón ensinarlle a pescar... Non sei cómo se adoita facer neses casos, eu o que fago é mirar as páxinas que ligan coa que dá problemas (neste caso West Side Story) e ir unha a unha vendo se hai que cambiar a ligazón interna, por se a Galathil7 lle axuda no futuro, aínda que non sei se está ben explicado. Un saúdo!! Piquito (conversa) 26 de febreiro de 2015 ás 14:39 (UTC)

Propoño dúas opcións: ou a primeira opción ("West Side Story" para o musical e "West Side Story (pelicula)") ou deixar West Side Story como páxina de homónimos... para min a mellor é a primeira. Piquito (conversa) 26 de febreiro de 2015 ás 14:50 (UTC)
Eu non o teño moi claro Piquito, o nome máis coñecido é o da película, penso que non está mal de todo poñerlle simplemente West Side Story a ese artigo, cando teña outro momento revisarei a política. Pero se concordades en poñelos doutra forma tamén podemos miralo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de febreiro de 2015 ás 01:38 (UTC)


(Copiado do Taboleiro de administradores)

Moitísimas grazas pola axuda. Está perfecto. Aínda que é certo que debería aprender a facer estas cousas por se no futuro volvo atoparme nunha situación similar, polo que agradecerei calquera explicación ou comentario. Estou de acordo en que é bo saber face-las cousas por un mesmo e aprender todo o posible.
En canto o comentario de Piquito sobre o nome das páxinas, precisamente quixen respecta-la cronoloxía e por iso nomeei ó musical soamente como "West Side Story" e engandín a indicación de "(película)" para o filme. Pero despois decateime do problema das ligazóns e pareceume máis sinxelo cambiar os títulos que non modificar tódalas demais páxinas que facían referencia ó filme. Xa digo que me pareceu, porque logo non fun quen de solucionalo de forma axeitada. Creo que xa quedou claro que aínda non teño moita experiencia por aquí e por iso parecíame arriscado modificar tantas páxinas, por se logo creaba un problema maior. Outro motivo da miña decisión foi o feito de ver que non existe aínda unha categoría para obras musicais, polo que parecía que a páxina "principal" estaba menos traballada cá da película, ó non poder incluíla nunha categoría clara.
Grazas de novo por tódalas aportacións.

--Galathil7 (conversa) 27 de febreiro de 2015 ás 10:16 (UTC)Galathil7