Conversa:Torre de Hércules

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non me cadran as cifras. No cadro das características dicimos que ten unha altitude de 49 m. "Altitude" non é o mesmo que "altura". ¿É a altura da torre, como di a es:wiki ou son 68 m de altura, como dicimos no artigo? A es:wiki engade que “Altura sobre el nivel del mar: 106 metros” ¿quere dicir que a base está a 106 msnm e por riba os 49 ou 68 metros de torre? ¿quere dicir que o faro é o que está a 106 msnm e a base a 49 ou 68 metros menos?

Continuamos dicindo que ten unha “altura total de 68 metros”, e que o primeiro corpo, un paralelepípedo recto, mide 34,60 metros de altura. ¿Quere dicir que o resto da torre, ese corpo octogonal e mais a lanterna miden 33,4 m, case tanto como a base? Así, a ollo, parece que non. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 15:18, 6 agosto 2009 (UTC)

Se ninguén me di o contrario, nos próximos días retirarei a imaxe da moto. Vale que a moto sexa Hercules, mais en todo caso o pé da imaxe non ten nada que ver e a imaxe sobra tamén porque a Torre non aparece por ningures e o nome penso que fai referencia ao personaxe mitolóxico e non á Torre. O dito, nun par de días borrarei a imaxe se ninguén me argumenta con motivos de peso que deba seguir no artigo. Un saúdo, Piquitoconversa

Feito! Imaxe retirada; Houbo un problema co título da foto; mantívose a ligazón a unha imaxe eliminada, e cargouse co mesmo nome unha imaxe diferente. Graciñas, Piquito. --Estevo(aei)pa o que queiras... 02:14, 23 de novembro de 2011 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Torre de Hércules. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de setembro de 2018 ás 22:43 (UTC)[responder]