Conversa:Tartaruga (homónimos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Tartaruga non é sinónimo de sapoconcho. Segundo o dicionario on line da RAG, unha tartaruga é un:

"Réptil da orde dos quelonios, co corpo cuberto por unha coiraza de material córneo, do que existen numerosas especies que difiren moito no seu tamaño, e poden ser terrestres ou de auga doce, de andar moi lento, ou mariñas, de gran tamaño e coas extremidades adaptadas para a natación. Entre as redes do barco colleron unha tartaruga de máis dun metro. CF. sapoconcho".

tartaruga

É dicir, tartaruga é calquera dos réptiles da orde dos quelonios (ou Testudines). Entre eles, hainos terrestres (a maioría), mariños (as tartarugas mariñas) e de auga doce, só os membros da familia dos emídidos (Emydidae), que podemos denominar sapoconchos, por extensión, xa que o sapoconcho (Emys orbicularis) é a única especie galega da familia. --XoioÉche o que hai 19:33, 22 de outubro de 2012 (UTC)

  • Concretando: supoño que propós eliminar a palabra sapoconcho como sinónimo nesta páxina, en tartarugas e quizais algún caso máis, pero o que xa non teño claro é se propós resevar sapoconcho como sinónimo de emídidos, a familia en xeral, ou de Emys orbicularis, en concreto. Agora temos esta especie como sapoconcho común. E máis: en emídidos damos como nome desta especie o de sapoconcho europeo, ¿valería? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:49, 22 de outubro de 2012 (UTC)