Conversa:Software libre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

A última ligazón non vai: "Libro en formato pdf sobre o Software libre (en español)"

Elimineina, semella que xa non existe dita páxina. Un saúdo e grazas por avisares. --Alberte Si, dígame? 20:59, 15 outubro 2008 (UTC)

Ola Iago. Non sei como comentarche esta suxerencia para o artigo e creo que modificalo directamente non é o correcto. Se comparas o artigo co da versión en castelán, comprobarás que ilustran esta páxina cun mapa conceptual do Software Libre, realizado por René Merou. Dende a comunidade de software libre galega e dende a de localización (a que traducimos o software libre ao galego), temos traducido dito mapa ao galego. Ademáis o autor, preguntanos se o podemos subir a galipedia para ilustrar dita páxina como xa fan noutros idiomas, xa que el se preocupa de que dito mapa estea traducido a cantos máis idiomas mellor. O mapa podes atopalo na seguinte páxina (http://es.gnu.org/~reneme/fsmap/gl/map-gl-w.svg) anque está pendiente de subsanar uns pequenos erros. Con respecto ao enlace ao libre de Jordi Más, neste enderezo, http://gent.softcatala.org/jmas/swl/, podes atopar os enlaces as tres versións do mesmo, catalán, castelán e galego. Seguro que non estou facendo isto no sitio adecuado, pero espero que me indiques como facelo para a próxima e se o podo facer directamente no artigo (se hai algunha excepción). Keko 12:07, 7 xaneiro 2010 (UTC)

É o sitio axeitado. Eu xa coñecía o mapa, pero non se me ocorrera subilo. Haberá que subilo á Commons. Xa me encargo eu agora mesmo de subilo e poñelo no artigo. Un saúdo! --GallaecioE logo? 12:52, 7 xaneiro 2010 (UTC)
Antes de subilo hei poñer as tiles que faltan e corrixir a tradución (vin de primeiras "Distribuciones"). Imaxino que xa alguén se estará encargando de facelo na versión oficial, de todos xeitos. --GallaecioE logo? 12:56, 7 xaneiro 2010 (UTC)
Mellor vou falar con Miguel (non vira a autoría do mapa ata que comecei a editalo) e a ver se xa o corrixe el. En canto o teña o subo á Commons (ou a ver se xa o sube el). --GallaecioE logo? 13:10, 7 xaneiro 2010 (UTC)

Open source = SoftWare + HardWare Abertos + Coñecemento Aberto[editar a fonte]

Boas, ao buscar o texto "Open Source" na GaliPedia amósanse as ligazóns as páxinas de "SoftWare Aberto" e a de "Movemento polo software de código aberto". Polo que calquera que busque información sobre esta tema pode entender que so existe o software libre como Open Source.

Hai que modificar ese redirección a unha páxina de desambiguación ou a algunha na que se explique que é o Open Source, as Fontes Abertas, tamén son o HardWare libre, os filmes de libre distribución, documentos e calquera outra información distribuída con esta licencia aberta. Imaxino que haberá que facer o mesmo co término "Fontes Abertas" e "Fontes Libres". Gracias.

Ola! Refíreste a que primeiro hai que diferenciar entre que se poida acceder a código fonte ("open source") e logo a que este teña unhas licenzas libres (sexa realmente "software libre"), non?. Con esa busca aparecen ambos porque un é o concepto (o software de código aberto) e outra a iniciativa "Open Source Initiative". Non estou seguro, pero si: poderíase crear unha desambiguación entre "software libre" e "software de código aberto". Logo, é certo que hai moitas iniciativas de liberación de código, de datos, de hardware, de publicacións científicas... O mellor sería avanzar co artigo de Contido libre, crear os artigos que aínda faltan e indicar todas esas vertentes ben e incluír todas nas mesmas categorías. Mgl.branco (conversa) 21 de outubro de 2017 ás 18:06 (UTC)
Entendo que ao que se refire é a que «open source» non ten por que referirse a «open source software», senón que pode referirse a «open source hardware» ou «open source knowledge». Non teño claro se é así, se «source» implica software ou non, pero creo que por aí van os tiros. ─ GallaecioE logo? 21 de outubro de 2017 ás 18:28 (UTC)
Si, entendo que aos movementos de liberación das bases para crealos, tanto de software como hardware etc. Non teño claro como podemos facer: se marcando ben todo nunha categoría ou nunha páxina de desambiguación. Para esa páxina poderíase poñer: "software libre", "software de código aberto", "hardware libre" e "Contido libre". Mgl.branco (conversa) 22 de outubro de 2017 ás 09:54 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (abril 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Software libre. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 8 de abril de 2019 ás 18:37 (UTC)