Conversa:Silo de Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Pego aqui tamén o escrito no de Mauregato pois entendo que ambos se situan no mesmo punto. A miña proposta é que tal a caixa de sucesión de Silo e a súa categorización de "rei asturiano", pase a adoptar as teses actuais desta época, que autores como López Teixeira, López Carreira e Nogueira -entre outros- veñen acuñando. En definitiva, que Silo sexa entendido como un princeps ou rei da Galicia altomedieval, e non dun hipotético reino de Asturias, saido da pluma dos historiadores españoisa fíns ao romanticismo ou nacionalismo, xa dende o século XIX. Asi dotaremos ao artigo -e todos aos que liga- dunha concordancia que estimo desexable. Ademáis estimo interesante que o artigo pase a empregar a definición común dos libros especializados en lingua galega, que falan del como "Silo" non como "Silo de Asturias", ademáis a inexistencia de outro monarca con este nome non precisaría xa de por si a matización de "de Asturias".--Alexandre Vigo 12:08, 28 de abril de 2010 (UTC)

  • A min paréceme ben, mais haberá que poñer algunha referencia dos historiadores que citas para defender a tese actual da historiografía galega; e supoño que haberá que deixar constancia da tese da historiografía española (que vexo que pasou a outras wikipedias noutras linguas). --Xoán Carlos Fraga 13:06, 28 de abril de 2010 (UTC)
Para os que somos legos na materia estaría ben indicar nome do autor, título da obra, editorial e ano de publicación, para poder consultalo. --Xoacas(non che sinto?) 15:15, 28 de abril de 2010 (UTC)
Recuperados e ampliados os dados bibliográficos previamente revertidos por ti, están á disposición de todos, listos para consultar.--Alexandre Vigo 18:39, 28 de abril de 2010 (UTC)
  • Eu tamén pediría que se citen o resto dos historiadores e non Anselmo L. Carreira e Camilo Nogueira (que é economista e non historiador). Penso por exemplo en Xavier Castro, pero seguro que hai ducias deles de recoñecido prestixio. --Atobar (conversa comigo) 18:43, 28 de abril de 2010 (UTC)
Engadin xa a López Teixeira, autor especializado nesa época sobre o reino altomedieval de Galicia. No tocante a Anselmo Carreira..porque non¿?, cando é unha figura de excepcional valor dentro desta temática, o de Nogueira tampouco o entendo, ten numerosas publicacións sobre historia, editadas as súas obras incluso por prestixiosas editoriais como Xerais, o caso de que sexa economista non quer dicir nada, Castelao era médico, mais non é precisamente coñecido por iso.--Alexandre Vigo 19:53, 28 de abril de 2010 (UTC)
  • Alexandre, non digo que non vallan. Valen, claro que si: o que digo é que boto a faltar outros. Amais, amólame unha miga que moito do que hai na rede veña nos foros reintegracionistas, dos que non me fío un pelo, a verdade, vistos os comportamentos que estilan sobre todo no tema lingüístico, pero non só. En fin, que che agradezo a inclusión de López Teixeira, porque efectivamente é un tipo recoñecido e con coñecemento do asunto. Boa referencia buscaches. Seguimos debatendo. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 20:08, 28 de abril de 2010 (UTC)
Prezado compañeiro,seguindo un pouco polo terreo da opinión, a miña é que se dalgunha cousa eu coido que non nos debemos fiar é daqueles que desde o século XIX verten todo o seu idio e frustración imperial sobre a nosa historia, eses si que nos deben preocupar, os que desde hai máis de 100 anos teñen a teima de construir unha historia oficial e indivisible... con argumentos sinxelamente falsos.Espero desculpes esta miña aberta opinión.Un saúdo.--Alexandre Vigo 20:47, 28 de abril de 2010 (UTC)

Entrando en materia e sen desviarme esta vez, propoño que este artigo sexa tratado como pertencente ao reino de Galicia e que o tratamento desta figura histórica apareza acorde a reis como Ramiro I ou Ordoño I polos seguintes motivos:

  • Primeiro:Porque a bibliografía galega especializada no reino de Galicia e nos seus monarcas entende que Silo foi un señor territorial/rei/princeps da Galicia altomedieval ou do reino de Galicia, e non rei dun suposto "reino de Asturias". Neste mesmo artigo atópanse referencias bibliográficas de primeira orde para os que quixer consultar esta información.
  • Segundo:Por coerencia coa propia galipedia. Como alguén apuntaba hai días, a galipedia debe ter unha coerencia formal, é dicir, non podemos adoptar a corrente galega actual e a corrente española tradicionalista ao mesmo tempo, principlamente porque están enfrontadas. Existen temas na as wikis difiren, non é novidade que a wikipedia portuguesa teña unha perspectiva histórica diferente da española, a española da inglesa, a catalá da francesa, e asi atrevome a dicir que todas. Por poñer un exemplo, a wiki en castelán adoptou a perspectiva tradicional española creada hai máis de 100 anos (escolleu esta e non outra), non vexo porque nós non debamos adoptar a perspectiva histórica dos nosos medievalistas máis sobranceiros.
  • Terceiro:Porque iso non imposibilita que tamén se expecifique dentro do artigo -ben como nota, ben nun pequeno apartado- a denominación tradicional e a orixe política e cronolóxica desa denominación "rei asturiano" ou "rei de Asturias".
  • Cuarto:Porque normalizados -ao meu entender- moitísimos dos artigos de temática medieval galega, entendo que debemos aplicar os cambios que xa se deron noutros artigos da mesma relación en consonancia coa sucesión real.--Alexandre Vigo 21:57, 29 de abril de 2010 (UTC)
Alexandre, concordo totalmente con todo o que apuntas. --Xoán Carlos Fraga 22:13, 29 de abril de 2010 (UTC)
Eu tamén concordo Elvira (conversa comigo) 00:07, 30 de abril de 2010 (UTC)
Estou de acordo con Alexandre. Entendo que este tema é dado á polémica, e máis aquí onde aínda hai certo temor a adoptar puntos de vista propios (vaites, parece como se lera a Beiras). Con todo, paréceme imprescindible para todos estes casos empregar tódala bibliografía posible, referencia-las cousas que sexan necesarias, e nomear outros puntos de vista como di Alexandre no punto 3. --Alberte Si, dígame? 16:03, 30 de abril de 2010 (UTC)
  • Symbol support vote.svg Concordo. Como xa dixen,supoño que xa se da por suposto,pero poño o simbolo, non vaia ser.--Alexandre Vigo 12:59, 26 de maio de 2010 (UTC)

Reitero a resposta que xa din en Conversa:Afonso IX. Xoacas(dei verbum; adoramus te, domine) 13:23, 26 de maio de 2010 (UTC)

Estou comezando a traballar un pouco o artigo, ao final decanteime por poñer a denominación que ata o de agora vin maioritaria nesta conversa, pero podemos entendela como algo temporal e baixo consenso. Con todo, gustariame propor que o artigo deixe de chamarse Silo de Asturias, para ser Silo (rei), principalmente porque nos libros nos que me baseo para o artigo, é evidente que ningún fala de "Silo de Asturias" (apenas de Silo), e por outra banda, mantelo tamén pode crear confusión no lector. A ver que vos parece, vós diredes. Unha aperta a todos.--Alexandre Vigo 14:41, 8 de maio de 2010 (UTC)