Conversa:Sanxenxo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

un dos xentilicios máis característicos e propios de sanxenxo é "liliense"...iso usouse sempre.

"sanxenxino" soamente o escoitei as xentes de fora...as que "non coñecen" o xentilicio...por iso non o usan. saúdos Luimipi 23:29, 9 maio 2006 (UTC)

  • O problema con liliense é que non hai fontes onde poda confirmarse, as únicas referencias que aparecen en Internet son páxinas de discusión da wikipedia española onde úsaches ti mesmo o termo. En cambio con Sanxenxino si hai referencias. As edicións da Wikipedia deben poder verificarse en fontes fiables de xeito sinxelo. A miña resposta non quere dicir que as fontes teñan que reducirse a Internet, nin que polo feito de aparecer en Internet sexan fiables, tampouco quere dicir que pense ou pensemos que a túa afirmación non é certa, nin sequera que un xentilicio sexa preferible ao outro. Só que para poder incluirse no artigo ten que haber algún xeito de poder comprobalo por calquera colaborador (ou lector) sen grandes dificultades. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:41, 10 maio 2006 (UTC)

xentilicio[editar a fonte]

Buscando fontes documentais para sustenta-la escolla (segundo un dos principios fundamentais da Galipedia), só atopo unha web para lilaino: http://canales.laverdad.es/guiaocio/previa/reportajes/reportajes041102-1.htm.

liliense só aparece como nome dos seareiros do Sevilla.

Sanxenxino está abonado por 10 webs, entre elas unha que podemos considerar oficial: http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/maqueta_alumno.pdf.

Ningunha das tres formas aparece no VOLGa. Tampouco o Dicionario de Dicionarios as recolle (como xentilicio).

Pero a realidade é tozuda. Na miña enquisa particular (obviamente, non publicada) entre os veciños maiores de Sanxenxo para saber cal é o xentilicio que utilizan os veciños de Sanxenxo, levo 9 respostas para "lilainos", 2 para "lilienses" e ningunha para "sanxenxinos".

Entendo que se respecte a opción oficial, pero este artigo non pode esquece-la realidade e obviar "lilaino" como fórmula común.

Pedro --Pedro 19:49, 13 abril 2007 (UTC)

Tarde pero xa puiden atopar referencias para o xentilicio lilainos. Homes de pouca fe... Pedro --Lameiro (conversa) 21 de febreiro de 2015 ás 16:18 (UTC)[responder]

Silgar ou Xilgar?[editar a fonte]

Cal é o correcto? A min sóname máis Silgar, pero non che sei. Miguel.lima 23:33, 3 agosto 2007 (UTC)


Galegofalantes[editar a fonte]

Boas, quería saber de onde ven o dato de galegofalantes en Sanxenxo. Por que eu son de alí e podo contar cos dedos da man os que falan galego, polo menos en Sanxenxo e Portonovo. Non creo que no concello haxa nin un 20% de galegofalantes.--Villalustre 22:10, 20 abril 2009 (UTC)

Non o podo asegurar, pero creo que están tomados do Instituto Galego de Estatística (IGE). Os datos son do 2001. Quizais a abundancia de galegofalantes se deba a que inclúense tanto os falantes en galego coma os que o falan ocasionalmente. Pero tampouco o podo asegurar. Alberte Si, dígame? 22:15, 20 abril 2009 (UTC)


Bandeira[editar a fonte]

Coido que a imaxe da bandeira non é a correcta. Remitome a web do conocello: http://www.sanxenxo.es/index.php?idMenu=19&idIdioma=2

Segundo o DOG do 21 de xullo do 2000 simplemente é "un ondado de azul e amarelo" sen indicar o número de ondas. Si non se fixeron correccións de erros sobre esa descrición (eu non as atopei), a bandeira sería correcta. De tódolos xeitos cambieina por outra con nove ondas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:55, 7 de decembro de 2010 (UTC)

Sanxenxo=Capital turística da Galiza[editar a fonte]

Penso que non existe como tal esa distinción de capital turística de Galicia. Púxenlle o "cómpre referencia", pero para que o contido do artigo sexa máis propio dunha enciclopedia tal vez era bo cambiar dita afirmación por algún dato máis obxectivo que reflicta a dimensión turística de Sanxenxo dentro de Galicia. Saúdos! --Caronium (conversa) 20 de abril de 2014 ás 20:35 (UTC)[responder]

Non existe, evidentemente, como distinción oficial, pero si é como se califica no sector turístico galego (e non sei o resto). Achego varias referencias que así o acreditan. Pedro --Lameiro (conversa) 21 de febreiro de 2015 ás 15:46 (UTC)[responder]

Confusión habitual patrimonio/turismo[editar a fonte]

Cómpre non caer no erro habitual de incluír o patrimonio (natural, cultural etc) dentro dun apartado "turismo". O patrimonio (xeográfico, arquitectónico...) ten entidade, valor e interese enciclopédico de seu, con independencia do fenómeno turístico, e non debe ir supeditado nun apartado "Turismo". --. HombreDHojalata.conversa 24 de marzo de 2017 ás 07:52 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Sanxenxo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de setembro de 2018 ás 10:26 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (abril 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Sanxenxo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 16 de abril de 2019 ás 08:50 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 4 ligazóns externas en Sanxenxo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 15 de setembro de 2019 ás 23:13 (UTC)[responder]

Citas propias[editar a fonte]

Boas, @Aspres, repasa as políticas e normas oficias da Galipedia para axudar a mellorar os contidos. Sobre as citas propias di: "Non é recomendable citar fontes e materiais propios, malia que sexan relevantes. A mellor práctica é falar coa comunidade para que outra persoa inclúa eses datos e así evitar unha excesiva promoción ou énfase do traballo propio." Grazas polo teu traballo. Un saúdo, Ifrit.eu (conversa) 15 de marzo de 2022 ás 08:38 (UTC)[responder]