Conversa:Samaín

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Que ten que ver o samaín coa wicca? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:50, 23 de xuño de 2010 (UTC)

ten que ver que é a festa maior entre todas, da relixión wicca, como o nadal os cristiáns. Que sexa algo tradicional non quita que sexa tamén relixioso. --Nachete93 18:34, 30 de outubro de 2010 (UTC)

Por certo que non entendo porque tendo unha palabra en galego pra dicir Samaín, e úsase no artigo, poñan ó lado a pronunciación en gaélico.

Segundo pon no artigo é un neoloxismo procedente do irlandés e nese sentido podería ter sentido a referencia á pronuncia gaélica.--Cheluco 18:44, 30 de outubro de 2010 (UTC)

De feito eu moveríao a Día de defuntos, gústame máis. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:02, 30 de outubro de 2010 (UTC)

Creo que non é o mesmo o día de defuntos é unha festa cristiá, e máis especificamente católica, que se celebra o 2 de novembro, o samaín entre o 31 de outubro e o 1 de novembro--Cheluco 19:33, 30 de outubro de 2010 (UTC)

Digamos que o día de defuntos xa estaba, como estaban o Nadal ou o San Xoán ou tantas outras. Logo viñeron os cristiáns e levaron a auga ó seu rego. Non é descabellado movelo, pero tampouco vou insistir. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:56, 30 de outubro de 2010 (UTC)

poderíase facer unha aclaración prás persoas que anden a buscar o Día de Tódolos Santos e viceversa. --Nachete93 10:33, 31 de outubro de 2010 (UTC)

Efectivamente, o Día de Defuntos, orixinariamente, era unha cristianización do Samaín, mais hoxe en día xa constitúen dous eventos diferentes. O que se pode facer, como di Nachete93, é poñer ao inicio do artigo, como sucede noutros, unha nota Quizáis procure Día de Defuntos, ou algo polo estilo. E crear o correspondente artigo, claro. Saudiños.--Paradanta (Cóntame) 11:04, 31 de outubro de 2010 (UTC)
Ocórreseme un {{Nonconfundir}}. --Toliño Fala aquí comigo 11:05, 31 de outubro de 2010 (UTC)
  • Concordo. Por min, perfecto!--Paradanta (Cóntame) 11:08, 31 de outubro de 2010 (UTC)

Samaín ou samaín?[editar a fonte]

Debemos poñer no artigo samaín ou Samaín, con maiúscula? Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de outubro de 2017 ás 16:17 (UTC)[responder]

Neutralidade[editar a fonte]

Este artigo parece unha publirreportaxe. Non existen referencias agás a do señor López Loureiro. Non me parece xusto darlle semellante credibilidade cando a realidade é que non hai nin unha soa referencia histórica en ningun traballo, e iso xa é dicir moito porque aquí en Galiza tivemos etnógrafos dos máis competentes do mundo como Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino López Cuevillas ou Xaquín Lorenzo e porén non deixaron ningunha referencia.

O artigo é tan parcial que ata na sección onde se explican (moi exiguamente) as discrepancias sentenciase que "Samaín é por tanto unha denominación moderna dun conxunto de antigas tradicións pagás aínda vivas con orixe na cultura castrexa do noroeste da Península Ibérica" dando un punto de vista absolutamente parcial, cando é obvio que se nese día hai cabazas e disfraces é pola asimilación do Halloween estadounidense, tal e como acontece no resto do estado, onde apareceu ao mesmo tempo que aquí.

Durante todo o artigo síguese unha especie de revisionismo neoceltista para tenta lexitimar o Halloween/samaín como algo autóctono e tradicional de Galiza e dos galegos cando non hai fontes por ningures e a realidade é que hai vinte ou trinta anos nin se coñecía nin se facía nada do que se fai agora. Para gañar esa lexitimidade e disfrazalo de tradición autóctona utilízase a denominación irlandesa (mal pronunciada, dito sea de paso) e dise que certas tradicións que son do Magosto ou do Día de defuntos son parte deste samaín/halloween "galego".

Porque insisto, a realidade é que non hai fontes agás este señor, e aquí estamoslle a dar unha credibilidade plena. Semella un artigo con autorreferencias, máis que algo enciclopédico. ¿Ninguén parou a pensar que se cadra estamos a estender unha gran mentira desde unha enciclopedia que desexamos que sexa seria e veraz? Abofé cómpre neutralizar este artigo urxentemente. Gustaríame que canto menos algún administrador engadise o Modelo:Non neutral no cabeceiro, xa que eu non podo ao estar a páxina semiprotexida. --Suevia gz (conversa) 1 de novembro de 2017 ás 03:35 (UTC)[responder]

Grazas Suevia gz polos teus comentarios, o usuario HombreDHojalata xa engadiu o modelo, porén non era tan necesario xa que tiña un aviso de atención que máis ou menos xa indicaba o que comentas. Aínda que non poidas editar o artigo polo momento, o estado de usuario autoconfirmado é moi doado de conseguir, podes apuntar aquí os cambios que pensas que hai que facer, comentámolos e logo un usuario que xa estea autoconfirmado pode engadilos. Eu puxen o aviso inicial pero non me atrevín a modificalo porque non teño coñecementos abondo sobre o tema, pero sigo o artigo e participarei no que poida na súa mellora. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de novembro de 2017 ás 09:28 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 5 ligazóns externas en Samaín. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de setembro de 2018 ás 08:59 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (marzo 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Samaín. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de marzo de 2019 ás 22:58 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (xuño 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Samaín. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 14 de xuño de 2019 ás 09:45 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 6 ligazóns externas en Samaín. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de novembro de 2019 ás 09:12 (UTC)[responder]