Conversa:Salamántiga rabilonga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Non sei que significa nin por que se visualiza ese "gl.saramaganta" ó final do texto. Pedro --Lameiro 16:12, 17 setembro 2007 (UTC)

  • Solucionado.--Rocastelo(fálame aquí) 16:24, 17 setembro 2007 (UTC)
  • Está non é a píntega común, esa é a salamandra salamandra. Esta é a Chioglossa lusitanica isto é a píntega rabilonga, salamántiga galega, pinchorra rabilonga ou saramaganta.--RNC 20:59, 2 decembro 2008 (UTC)

Nome errado da especie[editar a fonte]

"Saramaganta", que nin sequera está recollido no DRAG, non é apropriado como nome común para a especie. O vocábulo só é un sinónimo dialectal propio do sudoeste pontevedrés de "salamántiga" en xeral, non designando especificamente a "Chioglossa lusitanica", especie que non é distinguida na fala popular dos outros salamándridos, como se explica no artigo de Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" en Cadernos de Lingua, 13, páx. 70. Real Academia Galega. Por iso é preferible unha denominación cun adxectivo especificador que desfaga a ambigüidade, como se fai no Atlas de Vertebrados de Galicia: "salamántiga galega" ou na propio artigo de Conde Teira: "salamántiga rabilonga".

Marcio (conversa) 19 de agosto de 2016 ás 10:06 (UTC)