Conversa:Sabela Silva

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Movelo artigo[editar a fonte]

Creo que este artigo debería moverse a outro chamado Sabela (cantante). O artigo de Sabela, a secas, debía estar reservado para un artigo onde se falase do nome propio de Sabela.--Ric delg (Falemos) 00:12, 15 de agosto de 2010 (UTC)

Feito! Feito! Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:22, 15 de agosto de 2010 (UTC)

Discordo Tendo en conta que Sabela e Isabel son o mesmo nome, creo que Sabela, debería ir á cantante, que é o máis coñecido, mentres que Isabel (nome) ou Sabela (nome), como se queira, deberían conter a lista de homónimos e demais, que é o que se ten feito con Alberte (antroponimia) e Abril (nome), por exemplo. --Xabier Cid Talk, please 07:01, 15 de agosto de 2010 (UTC)

Home, o máis coñecido non sei, o que sei é que eu nunca ouvira falar dela antes, e non son un tipo desinformado. Por outra banda, iso pódese facer igual que dis creando Sabela como páxina de homónimos, que leve a Sabela (cantante), Sabela (antroponimia) e outras se fose preciso. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 09:17, 15 de agosto de 2010 (UTC)

Xavier, creo que o mais coñecido que existe co nome Sabela é o propio nome Sabela. A miña idea era no artigo co nome "Sabela" facer unha redireción cara o artigo de Isabel, que son o mesmo nome. Pero como estaba antes quen fose buscar o nome Sabela atoparíase co artigo dunha cantante, que non sei vos, pero eu nin coñecía, cando obviamente Sabela é un nome propio mais que o nome artístico dunha cantante. Pero creo que Xoacas leva razón, na páxina de Sabela habería que facer una páxina de homónimos pero con Sabela (dirixido cara Isabel) e Sabela (cantante). Vou a facelo. Por certo, a conversa de Sabela está redirixida cara a conversa de Sabela (cantante), tamén vou corrixir iso. Saúdos.--Ric delg (Falemos) 20:24, 15 de agosto de 2010 (UTC)
Meudeus! :D Se nunca oírades falar de Sabela, non teño máis que engadir :D --Xabier Cid Talk, please 20:54, 15 de agosto de 2010 (UTC)
Eu todo o que non soe a inglés e de antes dos 80 nin idea :D --Ric delg (Falemos) 21:07, 15 de agosto de 2010 (UTC)
Eu todo o que non sexa en latín e de antes de Palestrina, nin o miro. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:09, 15 de agosto de 2010 (UTC)
LOL LOL :D --Xabier Cid Talk, please 06:19, 16 de agosto de 2010 (UTC)
Eu tampouco a coñezo, pero seguramente teña bastante público no país. --Alberte Si, dígame? 00:18, 16 de agosto de 2010 (UTC)