Conversa:Ribeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Topónimo.[editar a fonte]

O nome do concello é Santa Uxía e Ribeira. Todavía hai unha forte discusión en canto ao seu nome xa que o concello defende a forma Santa Uxía de Riveira. Debería ser incluido no título do artigo "Santa Uxía de..." --Danielo 22:58, 23 xullo 2008 (UTC)

Non sei se entendín ben o que expós, pero segundo o nomenclátor da Xunta o nome do concello é Ribeira, e o nome da capital é Santa Uxía de Ribeira ([1]), ou sexa que o nome deste artigo está ben.--Caronium 09:05, 24 xullo 2008 (UTC)

Tes razón--Danielo 11:32, 28 xullo 2008 (UTC)

Non, non tes razón. Segundo a páxina do concello o nome é RIVEIRA -> http://www.riveira.es/ —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.165.246.220 (conversacontribucións)

  • A teima co topónimo é do alcalde do Partido Popular. Non ten nada que ver coa filoloxía. Afortunadamente hai unha LNL e un nomenclator. --Atobar (conversa comigo) 20:11, 10 de abril de 2011 (UTC)