Conversa:Ramón Otero Pedrayo/Arquivo 1

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pedrayo en castelán[editar a fonte]

Mimá, que escribiu Pedrayo en castelán? Non coñezo ningún libro de seu escrito en tal idioma. AlberteSi, digame? 21:45, 18 novembro 2007 (UTC)

Historia de Galicia por exemplo, que coordinou e na que escribiu, unha gran obra con Cuevillas e moitos máis Lansbricae (Ti dirás) 21:47, 18 novembro 2007 (UTC)

Tamén lle podes preguntar a Elvire a cantos escritores franceses traducíu a castelán Otero, amante da cultura francesa entre outras moitas cousas. Unha cousa mimá non soa moi respetuoso non? Lansbricae (Ti dirás) 21:49, 18 novembro 2007 (UTC)

Que ti non o coñezas non é un criterio moi respetuoso non? Lansbricae (Ti dirás) 21:50, 18 novembro 2007 (UTC)

  • Mimá é unha palabra de sorpresa, poruqe non sabía que escribira nada en castelán. Nas obras do propio artigo todas eran en galego e na páxina da fundación todas as obras son en galego. Logo hai que saber se a elaboración da enciclopedia constitúe un traballo literario. Non sei. AlberteSi, digame? 21:52, 18 novembro 2007 (UTC)
    • Pois entón debe quedar esa cat. Non coñecía esas obras, nin saían na propia páxina da súa fundación. AlberteSi, digame? 21:54, 18 novembro 2007 (UTC)
      • Entendo. Aproveitando o tema, sacaches unha dúbida que me rondaba desde fai tempo. Temos Personalidades da Literatura da que colgan todos os escritores (ensaistas, dramaturgos, poetas, novelistas, historiadores e científicos de moi diversas ramas. Están todos categorizados xuntos colgando de Personalidades da Literatura. Facer unha enciclopedia é un traballo literario? pódese considerar ensaio? debería haber outra categorización ou Personalidades da literatura podería cambiar a Personalidades das letras ou outro concepto máis amplo que permitisen encadrar a toda esa variedade de autores. Esto xa sei que é cuestión da Taberna e falalo, pero entendo que ordear o que hai e preferente. Saúdos e desculpa, pero a sorpresa que che causou a miña aportación foi proporcional a sorpresa que causou que se comentara a miña aportación como absurda. Lansbricae (Ti dirás) 22:05, 18 novembro 2007 (UTC)
        • Non considerei absurda a túa edición, senón o tería dito. Respecto o de encilopedia, literatura, ensaio, etc, de momento coido que o tema de elaborar unha enciclopedia é un traballo de historiografía, e de momento esta cat. non vai dentro de personalidades da literatura. O que non sei é se entón Otero Pedrayo é unha Personalidade da historiografía. En fin, que isto dame tantas dúbidas, que temo que poida facer moitas preguntas, e pode que agunha se poida tomar a mal. Un saúdo. AlberteSi, digame? 22:16, 18 novembro 2007 (UTC)
        • Non se toman a mal, non te preocupes. O ensaio é un xénero literario polo que os ensaistas son literatos. O seu traballo na enciclopedia consistíu en coordinar aos distintos autores e tamén fixo entradas, polo que eu sei relacionadas máis coa etnografía que coa historiografía, polo que eu non o consideraría un historiador, senón un etnógrafo. Claro que tamén a min me xurden máis dúbidas: Se un etnógrafo se dedica a estudiar a un pobo e os seus costumes ten que utilizar a historia como unha das fontes principais, pero eso fai que poida ser clasificado como historiador? ata aí non chego pero persoalmente creo que non. Lansbricae (Ti dirás) 22:25, 18 novembro 2007 (UTC)
  • A Historia de Galiza que dirixíu Otero Pedrayo está en galego. Otero escribiu o prólogo e o primeiro capítulo do primeiro tomo ("Xeografía"), ámbolos textos en galego. Os outros autores do 1º e 2º tomo tamén escribiron en galego. Sei que se publicou un terceiro tomo (que non teño) en plan de actuaclización e addenda dos anteriores e estou convencido de que tamén en galego (pero non o podo asegurar hoxe).
  • Feita esta puntuialización, é certo que escribiu textos de xeografía, novelas e outras cousas en castelán. Na Gran enciclopedia Galega podedes ver varios exemplos.
  • Pedro --Lameiro (conversa) 22:51, 18 novembro 2007 (UTC)
  • Levas razón Lameiro e coida o que tes que é ben valioso. A obra polo que eu sei queodu incompleta. O meu erro debeuse a que nunca din consultado a obra orixinal e a maioría de referencias que tiña lido eran en castelán. Xunto a iso tamén malinterpretei que o ter sido editada en Sudamérica a obra orixinal era en castelán, obviando que grazas ao labor editorial dos emigrados e comunidades galegas americanas publicouse moito e bo nos tempos en que en España non era nada doado editar esas obras e na nosa lingua. Lansbricae (Ti dirás) 23:12, 18 novembro 2007 (UTC)

Penso que ten un erro a biografia[editar a fonte]

Don Ramón, non morreu en Trasalba, como se di na wikipedia, dou fe que morreu na sua casa na rúa da Paz, na mesma na que naceu, a placa que ali esta pono ben clariño, "Eiqui Naceu, viviu e morreu". Esta mensaxe foi deixada por Rafa Salgado, a quen non lle acordou asinar. --Xabier Cid Conversa 19:20, 11 xullo 2008 (UTC)

Nome de Don Ramón[editar a fonte]

O nome completo de Don Ramón, era Ramón Antonio Vicente Otero Pedrayo Era fillo do Doutor Enrique Otero, e de Dona Eladia Pedrayo No seu paso por Santander como Profesor de Instituto,coñeceu á súa muller María Jósefa Galán Bustamante, e caso no 1923. Esta mensaxe foi deixada por Rafa Salgado, a quen non lle acordou asinar. --Xabier Cid Conversa 19:20, 11 xullo 2008 (UTC)

Datos Don Ramón[editar a fonte]

Por razóns de amizade dos seus pais e por veciñanza (os Risco vivían no primeiro andar e os Otero no segundo), desde moi pequeno gozo da amizade de Vicente Risco (amizade no mais estrito sentido da palabra, a pesar da diferenza de idade,(tres anos), pasaban moitas horas da súa infancia xuntos, xogos en casa dun e doutro, paseos,etc),empezou o seu período escolar no colexio dos Irmáns Villar (na Praza do Cid Eirociño dos Cabaleiros,tras da sua casa) pero ao pouco tempo, por un pequeno altercado (naqueles momentos practicábase o lema "A letra con sangue entra") Ramoncito non quixo voltar ao colexio, dende ese intre a súa nai Dona Eladia, encargouse da súa educación persoalmente coa axuda de Don Enrique o pai, ata que puido ingresar no Instituto que hoxe leva o seu nome--Rafa Salgado 20:33, 13 xullo 2008 (UTC)

Dentro das súas obras en Castelán, falta incluír: "Vida del Doctor Don Marcelo Macias y Garcia. Presbitero Principe de la Oratoria y del diálogo de la Cátedra y de la Ciencia Histórica (1843-1941)" Impreso na Coruña Editorial Moret, Talleres de Manuel Rodríguez Moret Rúa da Galera 48, o día 12 de Febreiro do 1943 Trátase dunha coidada biografía, na que se denota extremadamente a amizade e o afecto que Don Ramón gardaba a Don Marcelo. Biografía no persoal, conta detalladamente como foi a súa vida en familia, estudos e a súa evolución vital. Así mesmo intenta achegar toda a bibliografía de Don Marcelo, ata achegas curtas como discursos, eloxios e panegírico--Rafa Salgado 21:13, 13 xullo 2008 (UTC).

Fotografías[editar a fonte]

Interésame saber a que lle chamades fotografías de dominio publico, unha fotografía que esta colgada en internet?, non é de dominio publico?--Rafa Salgado 22:37, 13 xullo 2008 (UTC)

Fotografía de D. Ramón[editar a fonte]

Teño unha fotografía, da miña propiedade, mellor dito da que me regalou unha copia Don Ramón, foi tomada na celebración das súas vodas de ouro, se alguén me di como subila, non teño inconveniente en que ilustre a súa páxina.--Rafa Salgado 17:20, 15 xullo 2008 (UTC)

Aha... A cuestión neste caso non é que ti sexas o propietario, senón quen é o fotógrafo. Se sabes quen é o fotógrafo e consegues unha autorización escrita para liberar esa foto no dominio público, podería publicarse. Se non, habería que agardar a que pasasen 70 anos do falecemento dese fotógrafo. Un saudiño --Xabier Cid Conversa 18:10, 3 agosto 2008 (UTC)