Conversa:Río Támese

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Alguén pode achegar algunha referencia? Xa for para Támese ou para Támesis. Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 17:56, 8 de febreiro de 2012 (UTC)

  • Se buscas no TILGA, hai 26 ocorrencias de Támesis (desde 1884 a 2001) e ningunha de Támese. EGU tamén dá só Támesis. Pedro --Lameiro (conversa) 18:54, 8 de febreiro de 2012 (UTC)
Feito! Movido --Atobar (conversa comigo) 00:54, 15 de febreiro de 2012 (UTC)

É certo que no TILG están atestadas as dúas formas, mais en obras literarias. Basta facer unha procura no Google e aparece Támese en xornais, novas da TVG, etc. Para Támese ademais hai unha referencia de carácter normativo ( Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega ) na que se condena explicitamente a forma Támesis e dita obra parece que consta como fonte autorizada na Galipedia: https://gl.wikipedia.org/wiki/Lista_de_ex%C3%B3nimos_en_galego. Como non dispoñemos de ningunha referencia normativa equivalente para soster Támesis, por tanto, parece que Támese debe ser a forma preferida. Marcio (conversa) 28 de maio de 2016 ás 13:36 (UTC)[responder]

A referencia da toponimia pode estar en https://gl.wikipedia.org/wiki/Top%C3%B3nimos_c%C3%A9lticos_en_Galicia Lles (conversa) 25 de maio de 2018 ás 11:42 (UTC)[responder]