Conversa:Río Ebola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Nome da páxina[editar a fonte]

Normalmente non fago páxinas de artigos de xeografía, pero esta vez foime necesario para complementar os artigos sobre o virus Ébola (ou Ebola). Conviría repasar cuestións de formato, se hai que engadirlle caixas de información ou calquera outra cousa. Unha primeira cuestión é que é o típico río que pode considerarse o curso alto dun río ou un afluente. Outra cuestión é o seu nome. O nome francés leva acento, pero supoño que en francés se pronunciará /ebolá/, e que o acento só indica o tipo de vocal e. Pero aquí, seguramente ao velo escrito Ébola, pronúnciase como esdrúxula xeralmente. Tampouco sei como se pronunciará na lingua africana orixinal.--Miguelferig (conversa) 7 de agosto de 2014 ás 12:44 (UTC)

Usuario:Miguelferig: En ca:wiki indican que se pronuncia grave (/e'βola/). Podería moverse a "río Ebola"; de feito tamén en francés se chama así (fr:Ebola (rivière)). --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de agosto de 2014 ás 13:10 (UTC)
Grazas pola información. É certo que na páxina francesa do artigo do río din Ebola, pero sen saírmos desa mesma wikipedia, a páxina de homónimos francesa Ebola di: "Ebola (parfois orthographié « Ébola ») peut désigner : Ebola, une rivière de la République démocratique du Congo ;... ...". Ademais o wikitionnaire desa wikipedia di: "fièvre d’Ébola /fjɛvʁ d‿e.bɔ.la/ féminin. 1.(Maladie) Fièvre hémorragique identifiée pour la première fois près de la rivière Ébola en République démocratique du Congo. ... ...". En internet as procuras de "fleuve Ébola" ou "rivière Ébola" dan un resultado moi maioritario da escrita sen acento (Ebola), pero non faltan os exemplos con acento (Ébola), e parecen páxinas bastante recentes, polo que seguramente reflicten un uso ortográfico moderno sen acento; quizais co tempo as repúblicas africanas preferiron as ortografías das linguas locais á ortografía francesa da época colonial (non sei). En canto ao nome do virus, este sufriu numerosos cambios (nunha situación bastante caótica) e ao final quedou como Ebola virus (virus Ebola). Con todo, parece que o máis axeitado é escribilo sen acento e vou mudar o nome da páxina a "Río Ebola". De todos modos, o que se oe en todas partes por aquí é a pronunciación esdrúxula: ébola.--Miguelferig (conversa) 7 de agosto de 2014 ás 17:07 (UTC)
Engadín algúns contidos novos e referencias sobre a orixe do nome.-Miguelferig (conversa) 7 de novembro de 2014 ás 20:47 (UTC)

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 15 de setembro de 2019 ás 19:36 (UTC)