Conversa:Praza de Azcárraga

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

A praza do xeneral Azcárraga é un espazo aberto, produto de demolicións e rectificacións de aliñacións no século XIX. Está anexa á praza dianteira ao edificio da casa da Real Audiencia e cárcere real, hoxe Capitanía Xeral, e que se chamou primeiro praza da Fariña, logo praza da Constitución, logo praza do Generalísimo e, por último, praza da Constitución de novo. As dúas prazas atópanse situadas a diferentes cotas e teñen unha grande conexión visual que non resta autonomía a súa definición formal. A información deste artigo semella extraida da páxina á que leva a ligazón que hai abaixo, e que está chea de vaguidades e lugares comúns empapados de pintoresquismo (por exemplo, a fonte que hai no centro da praza é a da Fama, porque en un principio estaba na rúa da Fama, pero agora os turistas botan moedas cando o guía llelo pide). Concretando: o problema que eu lle vexo é que a metade do que di o artigo corresponde á praza da Constitución, a outra metade á de Azcárraga. Dándolle a cada un o seu sairíanos dous artigos minúsculos e sen substancia, porque nesas dúas prazas non hai cousas de moito interese, coa salvidade do edificio de Capitanía, que merece artigo de seu, e a igrexa de Santiago, que para iso ten a entrada pola costa de Santiago, e tamén debería ter artigo propio. Non teño claro que facer, pídese consello. --Xoacas(Góstache o pemento?) 12:45, 3 marzo 2010 (UTC)

Pois a verdade eu tampouco o teño claro :S Para comezar porque se o artigo fala das dúas prazas como o chamamos? A mellor solución para min é a de un único artigo pero non atopo como se podería chamar. --Alberte Si, dígame? 18:51, 3 marzo 2010 (UTC)
Fixen uns cambios, mirade a ver se vos gusta coma quedou. --Iago dime 19:29, 3 marzo 2010 (UTC)
Eu fixen outros, parece que vai quedando fermoso. --Xoacas(Góstache o pemento?) 00:19, 4 marzo 2010 (UTC)
Gústanme as engádegas, quedou moi ben. --Iago dime 10:14, 4 marzo 2010 (UTC)