Conversa:Poza

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Hai pozas artificiais, segundo a segunda definición do dicionario da RAG para poza:Especie de encoro pequeno e pouco fondo onde se recolle a auga para regar ou para bebe-lo gando. Pero hai charcas artificais?, ou se está a falar no artigo desas pozas que comento antes.--Cheluco 16:04, 4 de xaneiro de 2011 (UTC)

Non sei se foi acertado o teu cambio, Cheluco. Agora mesmo non teño ningún dicionario a man, pero pódoche dicir que na Serra da Groba sempre sentín chamarlle pozas aos remansos de regatos e ríos, moitos deles aptos para o baño, mesmo nome que reciben no documento do Consello da Cultura Galega que recollín como referencia no artigo e que salienta as súas cualidades ecolóxicas. Tamén na miña aldea, San Xosé de Ribarteme, sempre se lle chamou a Poza Negra a un punto do río Termes no seu percorrido pola parroquia. Son sempre sitios amplos e aptos para o baño. Penso que a anterior definición se axusta máis ao que se entende comunmente coma poza. --Paradanta (Cóntame) 16:15, 4 de xaneiro de 2011 (UTC)
O meu cambio baseouse no Dicionario da Academia Galega que dá dúas definicións: Pequeno depósito de auga que se forma nas fochas do terreo cando chove e Especie de encoro pequeno e pouco fondo onde se recolle a auga para regar ou para bebe-lo gando. É certo que sabía que existían zonas onde poza é algo máis En Hermisende poza é auga estancada nun burato de certa envergadura pero pensei que era minoritario pero polo que me comentas non é así, habería logo que modificar o artigo con bibliografía a man para non metermos o zoco.--Cheluco 16:21, 4 de xaneiro de 2011 (UTC)

Por se serve de algo: [1] Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:26, 4 de xaneiro de 2011 (UTC)

É outro caso no que as definicións académicas non se corresponden co uso popular da palabra. A ver se á noite podo conseguir algunha bibliografía ao respecto, ou se a consegue outro usuario, para poder axustar un pouco máis esa definición. Un saúdo. --Paradanta (Cóntame) 16:28, 4 de xaneiro de 2011 (UTC)
Supoño que dependerá das zonas, para min unha poza correspóndese exactamente coa primeira definición do dicionario da Academia, procedo do concello de Boqueixón--Cheluco 16:31, 4 de xaneiro de 2011 (UTC)
Definición de poza no Dicionario da Lingua Galega Ir Indo de 1986: "Cova pouco profunda e con auga". Non aclara moito, a verdade... Si, dependerá das zonas, pero supoño que o teu cambio estará ben a falta de referencias bibliográficas... a ver se con máis opinións chegamos a algunha conclusión satisfactoria. --Paradanta (Cóntame) 16:35, 4 de xaneiro de 2011 (UTC)
Estamos nun deses casos onde pozo/poza (ou puzo/puza) veñen significa-lo mesmo pero con matices. Polo que vexo no DdD semella que pozo é máis grande que poza, que poza é máis equivalente ó cástelán charco (de aí a insistencia en que son poco profundos; o da presenza de auga é obvio) mentres que pozo sería remanso, balsa, etc. A acepción de poza nun río que dá Paradanta eu téñoa lido máis como pozo (remanso dun río, zona profunda onde cae mergullado un carro cos bois, ou punto profundo no fondo do mar), o cal non quere dicir que non se chame, nalgures, poza. Tamén, polo que vexo hai pozos e pozas naturais e artificiais (pozo para buscar auga, pozo dunha mina), pero os signficados que dan responden máis a un pozo natural (nun río ou mesmo na terra, onde nace auga). Pedro --Lameiro (conversa) 16:38, 4 de xaneiro de 2011 (UTC)
Na cultura fluvial desta zona, os pesacadores chaman poza a unha zona profunda, seica se dá ben a pesca. Amais, cun significado similar de 'zona profunda do río', tamén pode ser unha zona de baño. --Estevo(aei)pa o que queiras... 16:49, 4 de xaneiro de 2011 (UTC)