Conversa:Pirilampo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

pirilampo=vagalume?[editar a fonte]

Lles, Estevoaei: Non atopo referencias fortes para pirilampo=vagalume en galego [1] (si en portugués).

De non habelas, habería que eliminar esta páxina de homónimos, movendo aquí o contido de Pirilampo (grupo musical). --. HombreDHojalata.conversa 6 de xullo de 2018 ás 13:40 (UTC)[responder]

HombreDHojalata, está no Dicionario de sinónimos e no TILG. Lles Lles (conversa) 6 de xullo de 2018 ás 13:51 (UTC)[responder]
O único que di o TILG é que esa palabra a empregou Ernesto Guerra da Cal nunha obra súa (en 1963). Iso non é unha referencia válida. --. HombreDHojalata.conversa 6 de xullo de 2018 ás 13:56 (UTC)[responder]
HombreDHojalata, o TILG ten dúas referencias máis, de Xosé Carlos Caneiro e de Millán Picouto, busquei en palabra e saíume só Guerra da Cal, mais ao buscar por lema si saíron máis referencias.Lles (conversa) 6 de xullo de 2018 ás 14:00 (UTC)[responder]
Non creo que sexa referencia válida que a palabra a emprega este ou aquel escritor. Por ese camiño habería que darlle carta branca a numerosos castelanismos ( ou lusismos, anglicismos... éme igual) non aceptados. Debería ser unha obra lexicográfica onde se estableza que é unha forma galega--HacheDous=0 (conversa) 6 de xullo de 2018 ás 14:18 (UTC)[responder]
Como vexades..., está no TILG e no Dicionario de sinónimos. Eu non propoño facer unha páxina do pirilampo, senón que envíe a vagalume e a pirilampo (grupo musical). Lles (conversa) 6 de xullo de 2018 ás 15:25 (UTC)[responder]
O dicionario de sinónimos é unha referencia lexicográfica, baséase na obra de Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia. Penso que esa si é unha referencia de calidade.--HacheDous=0 (conversa) 6 de xullo de 2018 ás 18:13 (UTC)[responder]
A forma pirilampo como sinónimo de vagalume que damos no Dicionario de Sinónimos de Galaxia procede do Diccionario normativo galego-castelán de Galaxia, que dá a seguinte definición: "Nombre de varios insectos, como la luciérnaga, que emiten luz en la oscuridad. Vagalume". Pedro --Lameiro (conversa) 6 de xullo de 2018 ás 22:32 (UTC)[responder]
Pirilampo non se recolle no Dicionario de dicionarios. Pedro --Lameiro (conversa) 6 de xullo de 2018 ás 22:34 (UTC)[responder]