Conversa:Pedicelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

DRAG[editar a fonte]

Teño dúbidas respecto deste homónimos. No DRAG ten unha única acepción. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Pedicelo. Podes axudar, @Miguelferig:? Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 25 de setembro de 2018 ás 17:09 (UTC)

Contéstoche, @Atobar: Non son un experto na complicada terminoloxía botánica e entomolóxica. Pero o BUSCAtermos menciona o pedicelo como termo botánico e zoolóxico e dá varias definicións e equivalencias, así como referencias. Como sempre o DRAG non ten todas as acepcións, xa que tampouco é un dicionario científico temático e só inclúe os termos máis xerais, xa que a terminoloxía científica neses campos é inmensa. Para min as cousas son así:
  • Pedicelo en botánica son os taliños que se ramifican do pedúnculo de certas inflorescencias e sosteñen as flores. Se o pedúnculo non ten ramificacións chamaríase simplemente pedúnculo floral. O BUSCatermos ([1]) dá como referencias as seguintes: Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004, e "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991, e Vocabulario ortográfico da lingua galega. A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004. Ademais, o Digalego di que se o pedúnculo é moi pequeno tamén se lle pode chamar pedicelo ([2]).
  • Pedicelo en entomoloxía pode ser: (1) certo artello das antenas (referencias: Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009, e no Digalego), (2) soporte que fixa a escama á á dos lepidópteros (referencias. "Zooloxía" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991, e Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009 e no Digalego), e (3) estreitamento no corpo das arañas entre o prosoma e o opistosoma (referencia: Digalego [3]).--Miguelferig (conversa) 25 de setembro de 2018 ás 20:02 (UTC)
Moi ben. Daquela ía ben encamiñado o usuario Xoio ao crear o artigo e só cumpría arranxar o formato e adaptalo a homónimos, cousa que xa está. Grazas aos dous. --Atobar (conversa comigo) 25 de setembro de 2018 ás 20:32 (UTC)