Conversa:Peñón de Vélez da Gomera

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Ola. Editaches dúas entradas semellantes, este Peñón Vélez de Guevara e o Peñón de Alhucemas. Entendo que a pesar de ser topónimos algo consolidados, non deberiamos usar o termo peñón. É unha palabra castelá non válida en galego, e que ademais achega bastante pouco. Do mesmo xeito que dicimos illa de Sicilia, Illas Británicas ou monte Everest e non cos seus equivalentes Isola de Sicilia, Brittish Islands ou como for, deberiamos seguir o mesmo criterio para este caso.

Creo que as entradas correctas deberían ser Penedo de Vélez de Guevara e Penedo de Alhucemas. Fago os trocos? --Xabier Cid 01:59, 16 xuño 2006 (UTC)

As outras wikipedias non traducen Peñón xa que para eles forma parte do topónimo, menos a portuguesa que emprega ilhote. A min paréceme máis correcto que se manteña peñón.--Miñato 16:19, 16 xuño 2006 (UTC)

Os indicadores xeográficos non forman parte dos nomes propios. Vémolo nas illas (Illas Caimán, non Caimán Islands), vémolos nos montes, vémolos nos ríos (río Thames ou río Po, e non River Thames e Fiumine Po)... Poderiamos entender que forma parte do nome propio se descoñecemos o que significa Peñón, como nos sucedería por exemplo se estivemos perante un topónimo ioruba ou thai. Pero dada a proximidade xeográfica e lingüística, entendemos que esa formación xeográfica rochosa e costeira que os españois chaman peñón nós denominamos penedo. Iso é o que fan os portugueses cando traducen por ilhote. Unha solución podería ser metelo por Penedo e incluír Peñón de Vélez de la Gomera como topónimo local, como se fai con outros exotopónimos, como en Londres - London.--Xabier Cid 11:59, 17 xuño 2006 (UTC)

Pero o castelán peñón en galego é rocha, penedo ou pena é o que en castelán é peñasco.--Miñato 12:04, 17 xuño 2006 (UTC) Hai excepcións como no caso de -land nos topónimos que a pesar de saber o que significa non se traducen, penso que estamos diante unha excepción.--Miñato 12:14, 17 xuño 2006 (UTC)A forma da wikipedia portuguesa parece un invento da propia wikipedia [1]--Miñato 12:17, 17 xuño 2006 (UTC)


(sorriso) Estamos os dous en liña... que ben! O caso de -land é claramente distinto, porque forma parte da mesma palabra, do mesmo lexema. Outra solución pode ser emeter a entrada por Alhucemas ou Vélez de la Gomera, e creo que bastante máis correcta cás que propuxemos entre os dous ata o de agora. Así separamos o topónimo do denominador xeográfico, e é o mesmo que facemos con Xibraltar, por outra parte. Paréceche?--Xabier Cid 12:22, 17 xuño 2006 (UTC)

Referencia para "Peñón..." en galego[editar a fonte]

Diccionario enciclopédico galego universal (2003): Alhucemas, peñón de: Illote de soberanía española na badía de Alhucemas (ou de Al-Hoceimas) a 2 km da costa marroquí (1,2 km²). Foi ocupado polos españois en 1673. O seu único poboamento son os 61 membros do destacamento da lexión. --. HombreDHojalata.conversa 30 de xuño de 2015 ás 14:10 (UTC)[responder]